Un párroco moi preciso

3 / July/ 2009

in Diario, Roteiros


Foto: Sole

No monumental santuario de Augasantas, en Ponte Caldelas, un párroco que fixo unha reforma na igrexa consignou deste xeito o momento da inauguración ou da finalización da obra. Só me queda unha pregunta: ¿que tempo habería o 23 de agosto de 1906 ás catro da tarde?

{ 4 comments… read them below or add one }

An 3 / July/ 2009 at 9:11 pm

hahahaha, que bo meu, se todos fosemos tan precisos as cousas irian mellor…ou non? Saúdos e apertas.

Xabrés da teixeira 4 / July/ 2009 at 6:59 pm

¡Coido que foi ese dia para estrenar ó remate das obras!, pois indagando nun calendario perpetu, ese dia era xoves, así quedaban o venres e mailo sábado para limpar e o domigo “misa cantada”.
Non sei se será casualidade ou non, mais este proximo dia 23 de Agosto, en Pontecaldelas celebran un bicentenario do rechazo das forzas francesas na entrada da Ponte.
Haberá que indagar mais.

magago 5 / July/ 2009 at 10:26 am

Curioso, Xabrés. Co tema Guerra da Independencia non debe ter moito que ver, xa que a escaramuza dos veciños de Ponte Caldelas sucedeu un 7 e 8 de xuño. O do 23 é coxuntural.

O'Padín 6 / July/ 2009 at 2:18 pm

O tempo? Vento de Levante, sen dúbida!

Deixa un comentario

Previous post: Vexetarianos

Next post: IX Xantanza no restaurante Alborada: viramos cara terras coruñesas