Tres tapas do Santiago (é)Tapas que debes probar (1)

Last updated on 2 / Xullo/ 2009


Fume barbacoa, Revolto Paisano e Chícharos con callos de bacallau

Xa tiven oportunidade de ir degustando algunhas das tapas do Santiago (é)Tapas 09, aínda que non tantas como quixera. A vista de paxaro (aínda só probei uns oito ou nove locais), coincido con Colineta en que o nivel mellorou, especialmente por abaixo, e hai unha media de calidade e de esforzo superior á da anterior convocatoria. É difícil escoller, pero por agora hai tres tapas que quero compartir convosco porque están de vicio, e a ver se o luns que vén aínda publico outro post de recomendacións.

Dos chícharos con callos de bacallau do Restaurante Acio xa teño falado. Agora están concursando, sírvense tan ben presentados como vedes na foto e son un pequeno pracer en miniatura. Iso si, son moi sutís, non é a contundencia habitual dunha tapa. Para os que lles gustan os sabores máis convencionais, o Revolto Paisano con Pementos de Padrón que ofrecen no De Profundis, o bar do Hotel Monumento San Francisco, é un must. Un pedazo revolto de quitarse o sombreiro. E a quen lle apeteza unha experiencia nova, pois pode pasarse polo Caney, no Hotel Araguaney, e pedir un vaso “Fume Barbacoa” con piruleta de Leitón ao Chimichurri. Toda unha experiencia que comeza cos “fumes de artificio” e remata mollando enviciado no chimichurri coa brocheta de leitón.

Xa sabedes, enderezos e máis datos en Santiago (é)Tapas

10 Comments

  1. 2 / Xullo/ 2009

    Xa comín o do fume , espectacular, e no Pataca tamén teñen unha tosta moi boa para o establecemento que é (non quero dicir que O Pataca sexa malo)

  2. Lui_c
    2 / Xullo/ 2009

    Ayer me acerqué al Caney a probar sus tapas, y no pude tomar la piruleta porque tenían problemas técnicos con el humo, habrá que volver.

  3. 2 / Xullo/ 2009

    Ola Manolo!
    estás linkado dende HELLOgalicia, dando un toque de calidade á recomendación ;)
    si que teño gañas de probalas.. a ver se este fin de semana cae algunha.

  4. 2 / Xullo/ 2009

    Pois eu engado a sorpresa de bonito e a flor de remolacha, ambas do Bicoca, a cigala con papada e limón na Tafona e o taco de atún crocante con tomate avainillado e a empanada aberta de Xarda do Garum.

  5. 3 / Xullo/ 2009

    Silvia, moitas grazas!

    Acabo de chegar doutra ronda de tapeo criminal, cinco locais. E teño moitas gañas de probarlle os que indica o Gourmet. A ver se nesta semana visito os do Bicoca e a Tafona, cando menos.

  6. JLG
    3 / Xullo/ 2009

    Para Magago: ¡Home (ou muller)!, de paso tamén podes ir ao Garum que non te vas a arrepentir.

  7. JLG
    3 / Xullo/ 2009

    At. Magago (definitivamente Home, acabo de darme conta que magago é Manuel Gago, sintoo, pero ando na berza)

  8. 3 / Xullo/ 2009

    Chícharo: bola verde de sabor indefinido que habitualmente se utiliza em ensaladas, cozidos, guisos e potagens variadas para encher com algo barato e que encha estômago. “He dicho”.

  9. 4 / Xullo/ 2009

    Totalmente en desacordo, Galeguzo. O chícharo ten un magnífico sabor de seu, especialmente cando se prepara ben.

  10. eva
    4 / Xullo/ 2009

    Barato??? Guisantes de maresme, guisante lagrima del pais vasco,… llegan a alcanzar los 120€ el kilo. relleno de platos???

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará