En terapia

É arrincar, moverte inquedo no sofá -porque non estás a ver o de sempre- e quedarte enganchado por unha boa manchea de capítulos. In treatment (En terapia) é unha serie de HBO de orixe israelí que afonda no papel dos psicoterapeutas, tan abundantes nalgunhas sociedades como a norteamericana. A serie ten un formato aparentemente simplísimo. A sala de consulta do terapeuta, o Dr. Paul Weston, e unha conversa, só unha conversa, entre un paciente e o seu doutor, durante media hora que dura o capítulo. Pero está tan ben escrito, tan ben perfilado, ten tanta acción contida e disparada nesa conversa, é quen de implicarte tanto na historia, que non podes parar. In treatment é a enésima demostración que o esencial, sobre todo, é o talento. E que, por riba dos artificios técnicos, da realización e da montaxe, ten que haber escritores, guionistas, que saiban cautivar. Unha obra mestra da televisión, sen dúbida.












Está serie me enganchó desde el primer día, en la primera temporada el personaje de la gimnasta suicida está muy bien logrado.
Saludos!!