Estampas pompeianas (II): Sexo e morte
5 / September/ 2010 – 11:45 am | No Comment

Na cidade romana, o sexo continúa aínda hoxe a ser un importante atractivo. Pero tamén a morte, a outra cara do morbo extremo.

Le a historia completa »
Home » Diario, Libros, Paparotas & Co

Un oco para a humilde achicoria

24 / June/ 2009 4 comentarios

A achicoria foi, esencialmente, un sustituto do café durante moitos anos; torrefactada, esta prantiña convertiuse na infusión das sobremesas de moitas familias e, nalgunhas casas da cornisa cantábrica, en Castela, Aragón (e non sei se noutros territorios), a tradición continuou trala posguerra. A empresa basca Molabe, que se dedica á comercialización de achicoria tostada, está metida nunha gran campaña de comunicación co obxectivo de diversificar o seu consumo, rachando os tópicos que a asociaban a un pasado de fame e vinculándoa a un uso moderno e saludábel da alimentación (é diurética e ten efectos cardiovasculares beneficiosos). O certo é que, ao probar a achicoria, tiven a sensación de que a pobre pranta cargou coa penuria xeral da alimentación da posguerra e, se cadra, levou culpas onde non as debía levar.


Posos de café de Andoni Luis Adúriz e Tiramisú de Koldo Rodero

Para demostralo, editouse un libro con Everest titulado La achicoria en la gastronomía del siglo XXI (que se pode baixar de balde aquí en PDF), con 23 receitas do elenco de chefs máis recoñecido do norte da Península (desde Elena Arzak ata Koldo Royo, Koldo Rodero, Francis Paniego, Marcos Morán ou Marcelo Tejedor), e mesmo armouse unha canle de TV por internet na que Koldo Royo explica a confección de todas as receitas. Para comprobar como pegaba a achicoria na cociña, puidemos probar varios pratos elaborados coa achicoria nunha degustación organizada por Molabe en Casa Marcelo, en Santiago. A que me resultou máis interesante foi unha versión do seu cafeto-caldo, no que Tejedor e o equipo introducen a achicoria molida como base para outorgarlle á infusión o sabor dunha sopa xaponesa, como acertadamente a definiu Miguel Vila. Nós tomamos a infusión xunto cunhas deliciosas ovas (nunca lembro de que peixe son!) e o lixeiro amargor da achicoria empataba moi ben co sabor salgado desas ovas. Con sopas de marisco a cousa debe prestar moi, moi ben. Ademáis, eu son moito de predispoñer, ao estilo oriental, o estómago para as viandas posteriores tomando estes caldos lixeiramente amargos. No postre tamén se ofreceu un espectacular milfollas de achicoria, no que eu non percibín claramente o uso da pranta.

Ao ver o que a humilde achicoria pode facer cando se lle presta atención, rinme ao ver, no balcón, aínda, o balde no que asollaron toda a noite, á luz da Lúa, as herbas de San Xoán que nos deron na fogueira de San Pedro, onte pola noite. Canta gastronomía, pequena e aromática, esencial, estará agochada e esquencida no xardín botánico dos nosos prados!

4 comentarios »

  • moncho says:

    gracias manolo por este comentario..teño 46 anos e son desa xeracion que asociamos na casa da nosa infancia a achicoria cos anos do cafe de extraperlo,os tempos nos que o luxo era o cafe e ..tamen comer polo os domingos (¿non era asi?).desmontar topicos é tamen cultura..magoa que esta nova saen nestos tempos de crisis…moitos asociaran a achicoria con esta epoca de regreso os gastos esenciais…unha aperta

  • Xabrés da teixeira says:

    Uuyy, meu Deus, ¡a achicoria!. Cando eu era neno, vivia con iña avoa alá nunha pequena aldeiña, incrutada en Portugal, donde daquela o café era, o parecer, moi barato. Mais naquela aldea, agas de que haia caseque tantos carabineros(Guardia civil de fronteiras), como veciños xa todos velliños sen folgos para camiñar os doce ou trece kilómetros a Vilarinho, donde o podian mercar.
    Polo tanto a achicoria era o noso xexún, con leite, ben de vaca ou ben de cabra.
    ¡Deus, que bon estaba aquelo, sobre todo cando levaba zucre!
    Apertas.

  • lapatianco says:

    Pois si que che é coincidencia.

    Tamén son do que lembran a achicoria mesturada co café (a maioría dos nados na segunda metado dos 60 xa non pasamos os apuros dos anos anteriores), e a mala fama que arrastrou coma “sucedáneo do café”.

    E a coincidencia ven que, xusto nas últimas semanas, estou sorprendido polo novo pulo que vexo volte ter.

    Por unha banda cando estiven na miña terra Cedeiresa hai dúas fins de semana na casa duns familiares que tiñan achicoria moída e ¡¡soluble!!. Seica hai incluso varias marcas, e diferencias entre elas. Todo irá nos gustos. Pero ¡que ben cheiraba!!. Xa anda a miña nai a mirar de que lle consigamos algún bote destes.

    E por outra, estou descubrindo as deliciosas infusións que fai unha boa amiga, a base de varias especias, sementes e plantas, un pouco café, e por suposto tamén a redescuberta achicoria. ¡Qué che vou dicir dos arredendos que enchen esa cociña!!!.

    E agora ti sáesme con estas. ¡Iso si que é estar con ollo a todo!!!.

    Saúdos.

  • Lansbricae says:

    Eu recordo a achicoria cando a miña aboa preparaba o Licor Café, e a súa teima de seguir a facelo cunha parte de achicoria e parte de café… Decían que se seguía a usar por ser máis barato pero ela seguíu a facelo porque defendía que lle daba un toque especial.
    Dou fé que era especial. Un saúdo

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.