Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Un bonito xardín

24 / June/ 2009 3 comentarios

A Consellería de Cultura anunciou hoxe unha liña de subvencións de 3,8 millóns de euros para a creación e mellora de establecementos hoteleiros/hosteleiros. A cousa ten moita máis chicha do que parece, como ides ver. Fixádevos nas condicións nas que se concederá a subvención a restaurantes, porque -agás que eu estea confundido- é a primeira vez que aparecen tales conceptos nunha convocatoria da Xunta. Cito o comunicado de prensa oficial (por agora non se sabe moito máis):

Entre as actuacións que se poderán beneficiar por estas subvencións serán a creación e mellora de establecementos turísticos, a creación de establecementos hoteleiros de nova construción e a mellora de establecementos turísticos aloxativos. Asemade, a creación e mellora de restaurantes entrará dentro da orde de axudas sempre que nos investimentos se aposte pola gastronomía galega e o uso de produtos autóctonos.

Vexo bastante claro como acreditar o uso de produtos autóctonos pero creo que vai ser divertidísimo o traballo da comisión que decida que é apostar pola gastronomía galega e que non. ¿Churrasquerías e parrilladas?¿Marisquerías?¿Nova cociña?¿Ingredientes, elaboracións, empratados? ¿Cociña de fusión galaico-algo? ¿Cociña en galego? ¿Todo? ¿Entraría o bar que facía esas polbo-pizzas deliciosas que tomei nun bar de Muros?¿E a Casa das Tortillas de Cacheiras?

Isto non mo perdo por nada do mundo.

3 comentarios »

  • Toño says:

    Témome que nestes casos a administración atópase coa “alternativa do diaño” xa que si define de xeito cerrado e puramente obxectivo os criterios de selección corre o risco de deixar fora a creadores que van máis aló do regulado. Un bo exemplo foi a creación por parte do servizo de publicacións de Turgalicia da Guía de aloxamentos senlleiros ou singulares (os popularmente coñecidos por “hoteis con encanto”. Asegurovos que había algún na guía que por dentro era o mismísimo castelo de Drácula. Cóntanme por outro lado que un membro do Servizo de Inspección na visita previa para a catalogación turística dun coñecido establecemento de máxima categoría de Santiago expresou as súas dúbidas respecto da categoría xa que consideraba que non se respiraba suficiente ¡suntuosidade! Está claro que a arquitectura contemporánea non vai da man coa pretendida sutuosidade que seguramente no imaxinario do inspector estaría baseada en alfombras persas e lámpadas xigantes. Desta maneira sería casi imposible que un arquitecto como Álvaro Siza poidera aacadar a máxima categoría nun proxecto hoteleiro.
    En resume (porque estoume enrollando), as veces é necesario tomar certos riscos aínda que isto poida derivar en algún que outro fiasco (Como decía Aquel “a perfección é fascista”.

  • magago says:

    Exacto, Xosé. Haberá que ver como se decide, pero na modernidade, definir o límite do que é gastronomía galega e o que non é éche cousa ben difícil. De feito, eu levo todo o día pensado no tema e comentándoo con outra xente e o primeiro que se che vén á cabeza son máis as dúbidas que ás certezas (ollo, iso non quere dicir que a gastronomía galega non teña identidade, refírome a que se atopa nun momento de diversificación moi importante). O exemplo que ti mencionas nos hoteis sobre o concepto de “luxo” dos inspectores é sintomático, e foi exactamente o que a miña parte máis desconfiada tende a pensar aplicado ao que pode pasar no tema dos restaurantes. Esperemos que non sexa así e que a comisión siga criterios máis abertos.

  • magago says:

    Xosé non, Toño. :-)

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.