Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

Illa de Lobos, Illas sen lobos

22 / June/ 2009 Sen comentarios

A costa do noso país está inzada de pequenos illotes pedrugallentos chamados Lobeiras. Son as trazas na memoria toponímica -para min a toponimia é o ADN das culturas- dos hábitats de repouso nos que hai séculos, multitude de mamíferos mariños tomaban o sol. Por iso, cando Sole me ensinou estas fermosas fotos que sacou na súa visita hai tres días á Illa de Lobos, en Punta del Este (Uruguai), coa súa accidentada costa granítica tan parecida á nosa, imaxineime o que sería andar á dorna pola Arousa, ou nun baixel chegando a Fisterra, rodeado destes curiosos mamíferos mariños. Non seria unha imaxe nada diferente a esta. Pódense ver máis fotos aquí e un vídeo aquí embaixo.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.