Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » De viños con Wagner, Diario, Paparotas & Co

Finca Allende: o espírito de pago na Rioxa

10 / June/ 2009 2 comentarios

Cando un escoita a Miguel Ángel de Gregorio, o viticultor propietario de Finca Allende, descubrir, case palmo a palmo, cada unha das hectáreas das diversas fincas (agrupadas) que integran a propiedade actual da adega, na viliña rioxana de Briones, comeza a intuir que vai probar algo grande. Un dos principais problemas que lle vexo eu á Rioxa é a escaseza de viños con personalidade propia, que expresen condicións de terroir. E Allende cos seus consegue facelo. Reconcíliate con esa certeza que levas dentro de ti: esa terra de outeiriños ondulantes baixo a Sierra Cantabria ten que ser un auténtico viveiro de matices vinícolas.

Miguel Ángel de Gregorio vai situando no proxector mapas xeolóxicos nos que se aprecian as sutís, ou non sutís, variacións na composición do solo dos viñedos. O seu soño, aventura, é producir ata 14 viños de pago diferentes, cada un cun tratamento especial, cunha variedade, unha fermentación, unha crianza específica que obteña o máis propio de cada anaco de terra. “Algún é de media hectárea”, avísame. Por agora, o emblemático foi o primeiro que sacou na súa aventura rioxana: El Calvario. Cumpre agora dez anos e, en breve, presentará en público outro. Fáltanlle só máis de dez. Toda unha vida de enólogo!

A cata que ofreceu Finca Allende na Viña de Xabi contribuiu a suavizar ese mito do Rioxa estandarizado e monosabórico. De Gregorio obtén viños redondos en Briones, con matices definidos de terroir e elaboración. Comezamos co Allende Blanco 07, un interesante branco fermentado en barrica, co coupage clásico da Rioxa entre viura (90%) e malvasía (10%) e un custe de sobre 10 euros. De aí pasamos ao viño máis comercial e estendido da adega, o Allende 2005, un viño moi por riba da media deste tipo de marcas nas adegas, con gran carga de froita vermella en boca e notas minerais, e que é o típico viño que funciona ben tanto con xente de gustos clásicos coma con outros máis modernos. Anda sobre os 15 euros e a relación calidade prezo, neste caso, é un valor seguro.

Os seguintes dous viños son os que fan máis famosa a esta adega. Está o Calvario 2005, un viño de finca de interesantísima nariz a grafito, a mineral, corpo medio e notas a froita negra, nas que aparece tamén o chocolate e unha gran sutileza xeral. Puro, puro terroir. Do Calvario fanse 8500 botellas e custa a frioleira de 70 eurazos. Un viño interesantísimo, moi atractivo, ao igual que o seguinte. O Aurus 2005, tamén tempranillo, componse a partir dun coupage de cepas de varias fincas: é unha pasada. Un viño redondo en todos os aspectos, tecnicamente tan ben traballado desde o seu nacemento na finca que o primeiro que sorprende é a súa perfección. De Gregorio enfatizou o carácter de garda destes viños. De taninos suaves, o que sobrancea é o paso longo, a suavidade e a sedosidade en boca, a certeza de poder saber que este viño aínda ten moita vida en botella, e de percibir unha estrutura feita por un auténtico fenómeno da viticultura. O prezo é de 120 euros / botella.

Na cata tamén puidemos probar un par de viños a maiores. O Finca Coronado 2005, un viño da adega que De Gregorio ten en Ciudad Real, feito cun coupage de seis variedades, “para compensar coas variedades a calor abrasadora desa zona”, aseguroume De Gregorio. Se cadra, un viño difícil, menos expresivo e con algunhas aristas máis que os perfectos Allende. E o Finca Nueva 2006 é a nova aposta de Allende. Trátase da outra adega da Rioxa, e este tinto crianza, aínda non comercializado, é a aposta da empresa para chegar a un mercado de consumidores máis amplo cun caldo doado de consumir, e que non estaba nada mal (especialmente nunha nariz moi particular, que daba notas agradábeis que non son quen de describir).

Todos os resultados en The Wine Codex

2 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.