Primeiro paso cara Burdeos no Concurso de Cata por Equipos de Viña Costeira


Durante o concurso. Foto: Facebook de Viña Costeira

¿Coñeces o concurso de cata por equipos de Viña Costeira? Con motivo do 40ª aniversario da Vitivinícola do Ribeiro (é a maior adega do país, unha cooperativa que hoxe reúne a 600 socios viticultores da comarca), a adega está a montar un concurso no que podes participar. Hai unha categoría afeccionados e outra profesionais e o premísimo final é unha semana de luxo para todo o equipo polas denominacións de orixe do Camiño de Santiago, comezando nos principais châteaux de Burdeos, baixando pola Rioja e rematando no Ribeiro: catas, paisaxes, xantares… Un grupo de blogastrónomos e amigos reunímonos o venres na Bodeguilla de San Lázaro para seleccionar aos nosos representantes na vindeira fase do campionato. Ao final do proceso, todo se decidirá nunha grand finale na central de Viña Costeira en Ribadavia. Hai que dicir que se viu un gran nivel medio por parte do equipo. Desde aquí, ánimo aos meus compañeiros representantes: na seguinte fase teremos que batirnos con outros afeccionados ao viño en Santiago. Rapaces, sei que unha gran responsabilidade pesa sobre os nosos ombreiros: será cuestión de ir practicando!

2 Comments

  1. José Luis Louzán
    31 / Maio/ 2009

    Ostras… non me deixes así ¿quen foron os escollidos?, ¿cales van ser os representantes que de tan magno evento xurdiron? jejejejeje

    Pasadelo mal vos neses eventos todos, que diria un paisano ¿non?

    Un saudo

  2. 31 / Maio/ 2009

    Eugenio, de Una cocina de lokos, Makeijan de Another Cow in the Corn e máis un servidor. Hai que dicir que houbo un cuarto moi ben clasificado, Juan Castro, que tamén quedou moi ben clasificado!

    Trémennos as canelas ante os duros retos que teremos que afrontar para conseguir levar a toda esta panda que ves na foto ata o Hall of Fame e o Chateau d’Yquem. XDDD

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará