Jean Nouvel e o soño do Louvre de Abu Dhabi




Calcúlase que o novo Louvre dos Emiratos Árabes, deseñado polo xenial Jean Nouvel flotará sobre Abu Dhabi contra o 2012 ou 2013. A franquicia dunha das principais institucións culturais do mundo asombrará pola súa beleza, o compendio da estética islámica coa percepción cultural da arquitectura orgánica global. Con todo, eu non podo deixar de mirar este marabilloso proxecto arquitectónico como a ruina que poderá ser cando se rematen os combustíbeis fósiles, e Abu Dhabi quede sepultada na area do deserto ou se convirta en refuxio de piratas post-postmodernos. Non hai moita diferencia entre este lugar e as fastuosas e arrasadas cidades do deserto parto. (vía)











