
Anchoas con xenxibre, allo negro e aceite d.o. Fotos: Sole

Espárragos brancos e verdes con vainilla e anisados
Cando vou a un restaurante novo, sempre gosto de informarme previamente da traxectoria do local ou dos profesionais que traballan nel. Non de xeito exhaustivo, pero si o abondo para entender mellor a experiencia que vou a vivir. Co sarillo laboral das semanas, non puiden ler previamente nada sobre a visita ao Restaurante Rodero, en Pamplona [T: 948 228 035 / localización]. Sabía que era un dos establecementos máis acreditados da cidade, que era un restaurante de tradición familiar e que o actual cociñeiro, Koldo Rodero, era o representante actual da saga familiar. E punto.
Xa ao segundo plato do menú degustación (integrando dentro da oferta especial realizada polos restaurantes do Reyno Gourmet para o Navarra Gourmet), xa me decatei de que este tipo era moi, moi bo. Que estabamos vendo un menú de impecábel factura técnica, cheo de raiceiras e paixón, que planeaba sen dificultades sobre a espléndida horta navarra facendo bonitas piruetas con outras referencias de cociña.

Verduras en menestra, diferentes texturas

Txuri ta beltz de coliflor e morcilla

Arroz con chipiróns, vieira de coco e cilantro

Año ecolóxico con perretxicos e verduras cevichadas
Hai pratos fundamentais aquí: as verduras en menestra, diferentes texturas, eran unha fina explosión da diversidade de sabores que poden ofrecer as leiras. A Txuri ta Beltz de coliflor e morcilla é, basicamente, unha pasada: o txuri (branco) e o beltz (negro) combínanse -alixeirados na versión de Rodero, para interpretar esta receita tradicional que vos convido a mirar. E outra marabilla, un arroz con chipiróns, vieira de coco e cilantro que quitaba o sentido, un plato tan lixeiro e exótico, cun uso tan discreto e expresivo do coco que creo que o vou lembrar sempre. No epígrafe de postres, dúas marabillas: esta artesana fresa feita a man -cos seus cobres- acompañada de vainilla e amapola, e un pedazo postre, o Almendra, amaretto y salvia, un antigo sabor a natilla larpeira.

Gin Tonic “Ice evolution”

Fresa, vainilla e mapoula

Améndoa, amaretto e salvia
Como maridaxe, dentro do menú ofrecían un momento Bodegas Chivite: comezamos cun Gran Feudo Chardonnay 08, seguido dun Gran Feudo Viñas Viejas Reserva 2004.
O menú do Restaurante Rodero para Navarra Gourmet era de 70€, viños incluídos. Hei volver polo Restaurante Rodero en canto pase por Pamplona. Ten a enorme habilidade de provocarte entusiasmo, de querer saber máis da súa cociña, de probar plato tras plato. Un nivelón.

Buaaaaaaa, buaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!! Teño envexa!!!!! Buaaaaaaaaaaaa!!!