O congreso número n

A noticia publicada por La Voz de Galicia hoxe na sección de Sociedade cheiraba a globo sonda para políticos que botaba para atrás:

Cocineros gallegos quieren impulsar un congreso gastronómico de calidad

Resultaba bastante difícil de crer. Ademáis do Fórum Gastronómico de Santiago, ¿quen máis está a preparar outro congreso gastronómico “de calidade” en Galicia, coa colaboración dos cociñeiros do Grupo Nove, diferente daquel? Confeso que a noticia me sentou como un tiro: o Grupo Nove tivo unha visibilidade enorme dentro do Fórum Gastronómico de Santiago, co que colaborou estreitamente nunha aposta común pola modernización da gastronomía do país. Á unha da tarde chegaba unha aclaración do grupo de cociñeiros. No texto eles matizan que non son os directores do proxecto, pero confirman a intención de alguén de realizar un Congreso de Gastronomía de Calidad e de eles colaboraren na materialización do proxecto:

el “impulso de un congreso gastronómico de calidad”, es cómo comité técnico en la definición y articulación de los contenidos, nunca como promotores ni como organización del mismo. Por lo tanto, no ha iniciado ningún contacto ni con entidades públicas ni privadas a tal fin, y sí ha respondido a la llamada de una iniciativa que trabaja en esta idea.

Nin na noticia de La Voz nin nesta nota de aclaración se indica quen é o misterioso promotor do proxecto. ¿Por que esa opacidade? Ademáis, o texto da información é confuso: si, apreciábase a teima habitual e lexítima de moitos profesionais do grupo Nove (ter máis contacto cos bos produtores locais, que poidan abastecelos de produtos de primeira), pero o resto, o alcance do proxecto, non se mencionaba de xeito explícito. Cos datos que teño ata este momento, soa á mítica duplicación de Congreso, se cadra ubicado noutra cidade diferente a Compostela. Se nalgún momento dispoño de datos que rectifiquen ou perfilen tal cousa, os contarei aquí mesmo.

A todo isto, ¿estálle La Voz de Galicia tamén a facer un favor á empresa privada que impulsa o proxecto, calándose conscientemente o seu nome e queimando, no canto, as caras de tres famosos cociñeiros? ¿E como eles se deixaron facer iso? Uf. Miguel Vila fixo unhas chamadas e a estas alturas da tarde sabemos quen é a empresa. ¿Outro congreso gastronómico ademáis do Fórum, diciamos?

Para quen non coñece a película, un pouco de información. O Fórum Gastronómico de Santiago celebrado no 2008 foi un éxito por moitos motivos. Pero o principal é que nun país coma o noso, pequeno, por primeira vez houbo un evento gastronómico serio, moderno e profesional que foi quen de facer convivir a globalidade e a modernidade da gastronomía actual co coidado e a atención polas raiceiras da nosa cultura alimentaria tradicional. Non é que funcionara ben. É que funcionou moi ben, con cifras contrastadas e consecuencias claras na dinamización do sector, do turismo de calidade e na formación dos consumidores interesados. É nas sinerxias, nas dinámicas creadas neste tipo de eventos, onde ten sentido un congreso forte e competitivo, coma o Fórum, que amose a nosa gastronomía. Estamos nun momento un tanto tolo no que cada comunidade autónoma teima en traer ao star-system dos fogóns internacionais para visibilizarse. Con independencia da vixencia actual desa estratexia, quen teña visitado o Fórum de Santiago saberá do que falo: unha aposta nunca vista pola nosa gastronomía, desde parámetros rigorosos e serios. O vindeiro Fórum está pensado para o 2010.

E todo soa ao de sempre, á galegada clásica do minifundio, da oferta, duplicada, triplicada con cartos públicos, da leiriña localista. E xógome algo a que isto se lanzou agora pola porta de atrás dun medio de comunicación, aproveitando os aires novos de Goberno, a ver que tal respiran os recén instalados. Ou pretenden que a Xunta escolla entre as dúas ofertas, a do Fórum e a nova. E a Xunta fará o que fixo sempre nestes casos: dividirá orzamento á metade, dará unhas migallas a cada un e lavarase as mans. Ou agardarán por unha Deputación da franxa atlántica, que están menos insistidas no tema gastronómico. Só que agora, en plena crise económica, co orzamento económico da Autonomía nunha difícil situación, este xogo resulta case ridículo. Se cadra os organizadores pensan no horizonte millonario do Xacobeo 2010.

¿Pode e debe Galicia permitirse dous congresos gastronómicos de alto nivel? Eu téñoo claro: desde calquera punto de vista (económico, de marketing, de sentido común), non. ¿Pode ter Galicia múltiples eventos de menor entidade económica e loxística, especializados e complementarios, que profunden en áreas gastronómicas concretas, celebrados ao longo do territorio? Polos mesmos motivos, sen dúbida.

Disclaimer: Non teño ningún tipo de relación contractual co Fórum Gastronómico, aínda que si colaboro coa empresa e as institucións organizadoras na organización do Encontro de Blogueiros que celebramos tanto en Santiago como en Girona no seo do evento e teño dado un par de conferencias nel. E escribín este post porque estou moi cabreado con esta cuestión, e farto de que en Galicia sempre aconteza o mesmo cos bos proxectos, veñan de aquí ou veñan de aló. A forma que temos de autoqueimar as nosas potencialidades é tan aburrida e repetitiva que xa me dá noxo.

10 Comments

  1. 20 / Maio/ 2009

    Buffff, me imagino la información que tratáis es de primera fila. Ahora bien, si entra la política en esto, apaga y vámonos.
    Y de hacerlo, ¿piensan que sea en Santiago también?

  2. 20 / Maio/ 2009

    Pues leo y vuelvo a leer y no veo ya la cosa tan seria, no??

    Es el Forum de Santiago lo máximo a lo que se puede aspirar??

    Milu.

  3. Un fan
    20 / Maio/ 2009

    Se temos tres aeroportos de merda de vez dun bo por causa dos localismos, edificios culturais sementados polo país para logo non funcionar nunca e teatros vacíos e sen programación na mesma rúa, podemos permitirnos o que á prensa e ós gobernantes lles pete: se teñen que ser 500 eventos “grasonómicos”, serán. Se fai falta unha festa da á de polo fritida entre as 400 grasonómivas espalladas polo país, todo se pode. Se fai falta inventámoslle unha denominación de orixe á aziña de polo.

    E menos mal que a política se mete nisto, Berta, a política ten que meterse en todo. Quen debera ter o fuciño máis controlado é a prensa ou a empresa. Pero quen manda, manda. Así nos vai.

  4. 20 / Maio/ 2009

    Milu, contéstoche para atrás e para diante. Para atrás: non sei cantos congresos/feiras gastronómicos tes visitado en Galicia, pero basicamente non hai cor entre os outros eventos e o Fórum, que é comparable a calquera gran evento do Estado.

    ¿Que se pode mellorar e aspirar a máis? Sen dúbida. Iso sempre, mesmo no mellor evento do mundo. Pero fíxate ti que agora eu penso que o máximo esforzo, xunto co Fórum, debera estar na diversificación da oferta, que a cultura da gastronomía de calidade, ben organizada, profesional, se estendera a moitos pequenos eventos por todo o país. E, ademáis, penso que temos un enorme potencial para iso.

  5. 20 / Maio/ 2009

    Vaya, creo que vivo en una Galicia distinta a la de muchos. Teatros vacíos y sin programación?? Desde luego en Vigo no. Hay pocas salas y peleas para consiguir entradas. Ya no digo nada de una buena ópera…

    ¿Aeropuertos de mierda repartimos? ¿Lo solucionamos entonces mejor con uno solo y bueno? ¿En Silleda y así le queda a desmano a todo el mundo?

    ¿Sólo un “gran evento” gastronómico cada dos años?

    Sigo sin ver el problema. Sobre todo, antes de que el proyecto sea una realidad para poder valorarlo…

    Hombre, los mundos de Yupi no, pero Mordor tampoco…

  6. 20 / Maio/ 2009

    Manuel, de acuerdo contigo. El Forum de Santiago es el mejor en el que haya estado en Galicia, sobre todo porque no he estado en otro…jejejeje. La verdad es que estuvo muy bien y disfruté como un enano. Aun recuerdo la ponencia de Ruscalleda. Fue genial!! O la de Solla con la señora de conservas Cuca, aun me parto de la risa cuando la recuerdo jajajajaja…mucho más flojo me parecio el debate con Adria, Maribona, etc.

    Lo que no entiendo es tanto enfado “blogger”. Parece que hiriese a alguien la simple idea de un nuevo proyecto distinto al de Santiago!!. Y si resulta aplastantemente exitoso??

  7. 20 / Maio/ 2009

    Milu, témome que si, que hai problemas de uso da infraestura cultural, e bastante grandes, por todo o país.

    ¿Os aeroportos? Efectivamente, a política de tres aeroportos é un desastre práctico tan facilmente demostrable con cifras e números e consecuencias directas para os cidadáns que os políticos non se atreven a poñelas sobre a mesa para non morrer da vergonza.

    Mira o caso das viaxes a Barcelona. A pesar de estar a hora e media e ser a segunda cidade do Estado, se precisas ir de negocios desde Santiago estás condenado a durmir alí. O voo de saída sae ás 9 de santiago (????) e te pos na cidade ás 11 e pico se todo vai ben. E se queres volver desde BCN, só hai un (UN) voo ás 15:55, é dicir, a tomar por saco a tarde. Ou sexa, a túa viaxe se multiplica de prezo coa reserva dun hotel e a manutención. Antes había un voo á noitiña, pero quitárono porque, obviamente, xa non se enchía coa dispersión de prazas e agora xa non o temos en ningún dos tres. E seguimos a ter recortes. ¿A que mola? E aínda hai máis. Como non temos voos directos a capitais relativamente normais dentro de Europa, os nosos voos se encarecen, como mínimo, un 15%-20% e se incrementan moito máis as horas por traxecto. Parece unha tontería, pero é a diferencia entre os países cunha economía potente e as periferias. Perdemos valor e, polo tanto, perdemos oportunidades. En Manhattan, por certo, o traxecto desde o JFK ata Central Station lévate, con todas as voltas, practicamente a mesma distancia que desde Lavacolla a Coruña ou Vigo. É xa non digamos o de Newark. O de LaGuardia leva máis ou menos como a Pontevedra.

    E, por suposto, o aeroporto de Porto nos está a comer con patacas. Como non. Iso é o que pasa pola dispersión de esforzos e de investimentos.

    Puxen o exemplo dos aeroportos porque é sintomático do que acontece cando sobre a mentalidade práctica poñemos intereses doutro tipo.

    En todo caso, non estou enfadado como blogueiro, senón como amante da gastronomía que sospeita que vai vivir neste sector algo que xa viviu noutros, se non temos todos algo de sentido común. Eu non sei que é o que queren facer. Pero pésame que se dispersen esforzos. En fin.

  8. 20 / Maio/ 2009

    Y dónde no hay problemas?? Como decía, ni los mundos de Yupi ni Mordor.

    ¿Localización de ese “idílico” aeropuerto? (que por cierto no fuiste tu el que habló de ellos en los comentarios, si no “un fan” ;-) ) ¿Solucionaría ese supuesto único aeropuerto el problema de las conexiones-enlaces? Vaya por delante que odio viajar en avión porque las compañías nos engañan día si y día también!! aunque claro que soy usuario. Que remedio.

    Y bueno, perdón por todo este offtopic.

    Insisto, no sé como se puede condenar un proyecto de este tipo cuando aun es sólo una idea que está tomando forma. Y si barre con el de Santiago?? En el buen sentido…

    Milu.

  9. Alex
    26 / Maio/ 2009

    Na mesma liña da duplicidade de servizos/división de esforzos/café para todos, o anuncio do retorno do conservatorio folque a Lalín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará