De volta ao século XX na Mariña de Viveiro


Fotos: Sole

Teño un compañeiro de traballo que mantén a teoría de que neste país só se constrúen Centros de Interpretación cando a actividade que interpretan está morta ou en vías de extinción. Do mesmo xeito, facer un roteiro de arqueoloxía industrial obríganos a mirar algunhas referencias do noso pasado, e asumir a distancia real que existe.

Grazas a Pancho Lapatianco, que amabelmente nos convidou a participar, na fin de semana puidemos disfrutar dun interesante roteiro de arqueoloxía industrial pola terra de Viveiro. Un roteiro de ferro, que en certo xeito facíanos soterrar e desenterrar o século XX. En Galicia aínda non existe moito interese pola arqueoloxía industrial, pero coñecer o nacemento da industrialización a finais do XIX e no XX permítenos entender con facilidade as rápidas transformacións na paisaxe do país durante este século, que cambiaron a súa fisonomía para sempre.

O roteiro comezou na Ponte do Barqueiro, un fermoso exemplo de ponte que permitiu o desenvolvemento destas comarcas norteñas; antes entre o Ortegal e a Mariña as xentes tiñan que dar unha inmensa volta para poder vadear a ría que quedou solucionada con esta complexa obra de enxeñaría. As comunicacións concéntranse no espazo, e cincuenta anos despois, construise a ponte do FEVE ao carón. Unha terceira ponte permite pasar actualmente esta ría. Hoxe esta ponte é, por fin, BIC. Alégrome de que o ferro xa sexa Ben de Interese Cultural: non vaia ser que se nos oxide todo polo camiño.

A segunda etapa do roteiro foi o máis interesante por descoñecida. No monte da Silvarosa, sobre Viveiro [localización], está unha interesantísima ruína: as minas fundadas en 1899 pola compañía alemana The Viveiro Iron Ore. As minas son hoxe unha interesante testemuña das obras dunha compañía industrial que no seu momento aplicou as tecnoloxías máis avangardistas da industria mundial neste remoto monte para obter ferro, pero tamén para coñecer como se integran na natureza os restos dunha industria extractiva de gran impacto ambiental ao cabo de cincuenta ou setenta anos.


Fixádevos na capela (foto actual, esquerda; foto antiga, centro). As dúas fotos antigas que reproduzo no post proveñen do interesante blog Rocks and Roll.

Pancho levounos en primeiras ao poboado da Silvarosa, unha minivila con servizos para os 400 mineiros que chegou a haber aquí. Alí está unha capela convertida en cortello, dependencias administrativas, e mesmo chegou a haber un cuartelilo da Garda Civil, e non era para menos. Nesta aldea, hoxe toda en ruínas agás por uns caseiros que viven ao fondo, naceron os primeiros movementos sindicais desta bisbarra que comezaba a industrializarse. É interesante comparar as fotos da antiga capela con outras da época. Se ides, moito coidado cos cans dos caseiros. Están soltos e poden dar algún bo susto.

De alí fumos ata, para min, o lugar máis alucinante e waporware do roteiro. Este paredón metido no medio do monte.

Resulta que este era o punto de saída do mineral de ferro extraído da mina, que se sacaba deste lugar a máis de 400 metros de altura cun enxeñoso sistema de funiculares (!!!), baixando a través de cinco quilómetros dunha forte pendente ata o embarcadoiro dos buques que levaban o material para os estaleiros fóra de Galicia. Os funiculares estaban alimentados esencialmente pola gravedade e por unha pequena forza eléctrica. ¿Queredes alucinar? Esta é outra foto orixinal deste paredón cando era a base de partida dos funiculares.

E desde aquí podedes ver o percorrido que facía o funicular ata o mar:

De alí baixamos polas zonas de explotación da mina. Os túneles que vimos estaban pechados con barras, pero nun punto concreto hai incríbeis cortadas do monte pola explotación da mina durante a primeira metade do século XX. Hoxe é un bosque tradicional de flora vertixinosa (pola vertixe), no que aniñan as aves rapaces. Imaxinei o que debeu ser aquela paisaxe desolada cando estaba en explotación, e resigneime algo: se cadra as salvaxes canteiras que destrozan o noso territorio no futuro poidan ser espazos relativamente recuperados de seu, sen agardaren á lenta desidia administrativa que fai a vista gorda coa recuperación destes espazos polas empresas de extracción. Aquí, nestes montes atravesados hoxe por gorxas que antes foron explotacións a céo aberto, é posíbel mesmo ver nacer novos espazos para a vida e a preservación de determinadas especies fortestais ou animais.

Queremos tamén agradecer ao resto do grupo que participou no roteiro a súa hospitalidade e amabilidade. Un saúdo a todos e todas!

11 Comments

  1. lapatianco
    13 / Maio/ 2009

    Ola Magago:

    Graciñas polas túas liñas. Alédome que che gustase. As ideas que mostras, tanto neste post como noutros, son as que eu tamén tento transmitir cando organizo estes roteiros.

    Unha cousa que esquecín dicir é que o camiño real polos montes que se utilizou ata o 1901 para as comunicacións entre Ortigueira e Viveiro está perfectamente indicado no famoso mapa de Fontán.

    Queda pendente a segunda parte do roteiro.

    Graciñas a Sole e a ti por vires, e por estas magníficas fotos.

  2. 13 / Maio/ 2009

    Non lle falta razón. A arqueoloxía industrial ten moito que estudar na Galiza. Fíxese en toda a rede de camiños de ferro que está a ser desarticulada. Unha mina. Unha mina.

  3. 14 / Maio/ 2009

    Coincido con vostede no fermoso que é A Mariña, unha viaxe no tren de Feve desde Ribadeo cara a Viveiro non ten prezo. (Vale, confeso que son de nativo de Barreiros, fillo adoptivo de Ribadeo).
    Mais tamén coincido co seu amigo: os Centros de Interpretación deste País (non todos) son despropósitos saídos de mentes estrañas alimentadas de votos municipais que non saben como vampirizar os Plans Feder 2007-2013.
    E para Centros de Interpretación con visións de futuro remítome ao proxecto dese monte que esta cerca de Santiago, que ten tanto futuro como que vai ser quen de interpretar as culturas alieníxenas cando se remate a obra e poidan aterrar os platillos voadores.

  4. IsabelCºrgO
    14 / Maio/ 2009

    A mi me encantó el ruteiro y más todavía la compañía.. QUIERO REPETIR!!!! que pena que no hayais venido al final… a mi me pareció muy interesante y.. de esas cosas que no sabes cómo has podido vivir sin conocerlas hasta ese momento… soy consciente de que me quedan muchas así..yo siempre digo que es la “suerte” de ser burra.. no pierdo la facultar de sorprenderme…

    un beso!!!

  5. 15 / Maio/ 2009

    Engadiria ao roteiro a fábrica de salazón de sardiñas en San Cibrao. Máis a contrapé o cargadoiro na Ría de Ribadeo, tamén ben accesible e sinalizado. Creo que en Rinlo (Ribadeo) hai un proxecto de arqueoloxia para a cetárea que hai no porto.
    un pouco de óxido

  6. 16 / Maio/ 2009

    Imaxino que no segundo roteiro, a propósito da mina da Silavarosa , estará o cargadoiro de Covas ;)

  7. 16 / Maio/ 2009

    Xa estaba no primeiro, Brigantium, pero tivemos que volver para Compostela antes de que rematara. Volverei este verán por aí, e pasaremos a ver o cargadoiro para completar a película.

    Suso, que interesante! Arqueoloxía para unha cetácea?

  8. 16 / Maio/ 2009

    Por certo, Suso, un gran photostream en Flickr, si señor, parabéns polas fotos.

  9. R.
    16 / Maio/ 2009

    Tese doutoral sobre Arquitectura Industrial: (descarga completa e gratuíta)
    Arquitectura industrial e posible reutilización, AI&R
    Autora: Ríos Díaz, Covadonga
    http://www.tesisenred.net/TDR-0903107-101950/index.html
    Esta reflexión pretende señalar una problemática contemporánea que ciertamente carece todavía de una atención que corresponda a su envergadura. Se trata de los efectos de la desindustrialización de los países del primer mundo, la valoración de los restos de esa desindustrialización y su posible reutilización.

    Áreas industriales, mineras, residenciales, infraestructuras de movilidad, energías etc., así como sus territorios, que se han vuelto obsoletos e infructuosos por los cambios tecnológicos acaecidos a lo largo de la segunda mitad del siglo XX, requieren de una inmediata reestructuración e incorporación en los nuevos sistemas urbanos, previa consecuente valoración.

    Con este trabajo se pretende llamar la atención sobre el patrimonio cultural más infravalorado y abandonado, el PATRIMONIO INDUSTRIAL. Pero no se pretende hacer hincapié solo en su función estética, sino en su posible reutilización y reaprovechamiento dando lugar a la recuperación de unidades de paisaje, que hagan legibles las relaciones entre los diversos restos y elementos industriales, que reconviertan los recorridos en paseos de contemplación de este paisaje, que proporcionen puntos estratégicos para contemplar las diferentes perspectivas, y doten a los edificios de funciones útiles y coherentes con su contexto físico y social. Se trata de encontrar formulas mixtas de uso: que el uso cultural y el educativo se combinen con usos que busquen reestablecer los equilibrios sociales y económicos.

    Tomando como zona de actuación la factoría abandonada de Nitrastur, en la zona de Langreo, Asturias, se propone una charnela de unión entre la Felguera y sus barrios de expansión, una rehabilitación paisajística que favorece la interrelación personal y dota a los edificios existentes de una calidad añadida para cualquier uso posterior que se les pudiera dar.

  10. 16 / Maio/ 2009

    Resúltame especialmente interesante o obxectivo da tese de dotar dun sentido “relacional” a estas ruínas urbanísticas, de reintegralos ao contexto social actual. Non é mala filosofía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará