Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Chícharos con callos de bacallau no restaurante Acio

4 / May/ 2009 3 comentarios


Foto: rinconsolidario.org

Hai poucas cousas máis sensuais e xoguetonas no mundo gastronómico, ao meu ver, que os chícharos, que escorregan polas mans e non podes deixar de tocar e xogar con eles. Agora, ao inicio da tempada, os chícharos son como unha choiva verde que marca o inicio da primavera, e cando están frescos son como un anticipo gustativo da primavera que, con sorte desfrutarás, na que o verde continúa húmido e sabroso e clorofílico antes de que o verán seque as cousas. Eu teño que falar duns chícharos concretos: os que comín o outro día no restaurante Acio, en Santiago de Compostela. Había bastante tempo que non iamos xantar por aló, e tiñamos curiosidade por ver como evolucionara o restaurante, aínda no ronsel dos novos na capital. E vaise movendo, con pequenos pero axustados cambios. Unha porta da cociña semitransparente por alá. E as mesmas cinco ou seis mesiñas ao fondo do local onde Iago Castrillón na cociña e Eva na sala dispoñen unha carta pequena, moi marcada pola estación e o mercado. Os chícharos, digo. Se tedes pensado pasar polo Acio, probade eses magníficos chícharos con callos de bacallau: mellor compartidos, porque son potentes, e comidos con certa rapidez -xa sabedes que se non, a xelatina do peixe vólvese demasiado espesa. Unha ledicia verde e potente na túa boca, ao inicio da tempada hervellística.

Un entrante, dous segundos e un postre compartido, xunto cun Dos Hectáreas (a adega está selecta, ben escollida e contida de prezo), saen no Acio sobre 35 euros por cabeza.

3 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.