Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Estados Unidos

Videoflash: Austin, segundo día

19 / April/ 2009 7 comentarios

A poucas horas de voar desde Chicago ata a Península Ibérica, aquí vos deixo o último vídeo do paseo americano, no que vos amoso un pouco Austin: son dez minutos pero creo que pagan moito a pena. Vodas, o tema dos morcegos, que é algo alucinante, a marcha nocturna, eses tolos cos seus tolos cacharros e estupenda comida tex-mex. Neste vídeo (e tamén nos anteriores) tamén participa Carlos Toural.

7 comentarios »

  • el pingue says:

    Fantástico Manuel.

  • R. says:

    Arredemo meus reis, non hai que vos pare. A este ritmo América será nosa: Ouu yeah Galicia¡¡¡.
    Abofé que disfrutei co video vendo a estes dous grandes rapaces posuídos ,coma nenos, pola furtiva beleza americana.

  • Arraverde says:

    Impresionante video, de verdade!
    Grazas Manolo por compartir as túas experiencias con nosotros.
    E xa dende o primeiro día que chegaras a EEUU pensei que o teu colega ten un acento precioso, en Ianquilandia.
    Forza e estética galega!

  • magago says:

    Grazas, señoras, señores.

    Un pracer e si, a verdade é que Carlos Toural ten un excelente galego da Ulloa. Os vídeos de USA non serían o mesmo sen el, sen dúbida.

  • roberto gago says:

    Hola manuelgago!! exceletes estos videos de Yanklandia! Pais extenso y de muy variadas costumbres y gastronomia!! Venid a Latinoamerica y haz algo parecido!! Puede ser argentina/uruguay/paraguay y brasil , en la triple frontera !!! Buen viento Ermain!!! gagorojo bna/venezuela

  • Gregorio Samsa says:

    Que rato máis agradable pasei convosco vendo o vídeo. Fantástico! E que recordos viñeron á miña cabeza… Vivín alá dous anos, entre 1990 e 1992. Recordo que un dous estabelecementos que máis me chamaran a atención daquela foran os ‘All you can eat’, por aquel entonces non existían en España.

    Tamén recoméndoche que te deas unha volta por unha ‘Grocery store’, poderás ver cousas inéditas: Tamaños XXXL dos alimentos (o leite véndese en gallons como pouco, e os xelados son literalmente do tamaño dun capacho agrícola), as interminables estanterías de cereais (máis de 100 tipos diferentes en calquera supermercado), e os poucos alimentos dos nosos que poderás atopar: aceite de oliva andaluz e algún viño, normalmente cavas cataláns.

    Unha última recomendación: Nunca, repito, NUNCA pidas a túa carne ou menú ‘rare’ (pouco feito) nen ‘well done’ (ben feito) porque, literalmente, cho traerán cru ou queimado.

    Apertiñas

  • Moi bo video, moi entretenido.

    Impresionante a bandada de morcegos, en canto a comida, quédome ca de Galicia.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.