O Castro de Socastro e as Casio Exilim

Sempre quixen visitar este castro de Socastro, na parroquia de Herbogo (Rois) [localización]. O castro está moi ben, pero tamén me encantou a paraxe na que se atopa: a parte alta dun fermoso e -para min- descoñecido val, o Val do Quilmas. Este vídeo dá conta do lugar, pero aviso: está moi, moi mal editado, feito a todo correr coa nova versión de iMovie que eu non controlo moito, e ten máis erros de raccord que escenas editadas ao dereito. Só é para comprobar que tall se porta na gravación de vídeo unha camariña Casio Exilim ZX-58. Xa vedes que nada mal, sobre todo para o pequena que é, a pouca luz e o mal tempo que había esa tarde. O único problema é que en calidade Wide (852 de ancho), só permite gravar clips dunha duración máxima de 10 minutos en formato Quicktime, pero é un mal menor. Unha tarxeta SD de 2 Gbs dá como para unha hora e pouco de vídeo nesta calidade.

One Comment

  1. 11 / Abril/ 2009

    Pues queridos, a mí me ha gustado mucho esta incursión en el tema video-blog. Ya os lo dije cuando lo de las orellas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *