Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » De viños con Wagner, Paparotas & Co

Las Bodeguillas de San Roque e San Lázaro xa teñen blog

3 / April/ 2009 2 comentarios

Descubrino o outro día por casualidade: as Bodeguillas de San Roque e San Lázaro xa teñen blog. É unha estupenda noticia para os seus clientes, xa que por agora, o que están facendo, é contar a programación cultural e de actividades que teñen os locais. Quen me coñeza, sabe que son ben afeccionado á Bodeguilla de San Roque e á súa carta de viños, sen dúbida das mellores de Santiago, e tanto esta coma os platos -sempre unha garantía para un picoteo informal- dos máis equilibrados en relación calidade-prezo da cidade, así que o feito de que abriran unha canle de comunicación é unha noticia estupenda para clientes coma min. Onte pola noite estivemos falando da experiencia un cacho na de San Roque. Moitos parabéns pola iniciativa, e a darlle!

2 comentarios »

  • toño says:

    Velaí como un establecemento sen un grande local ou unha ubicación privilexiada triunfa de maneira rotunda e sostida no tempo -por riba de modas e tendencias-. Estes son os locais que lle dan calidade a unha cidade (e a un barrio). Canto traballo e bo facer non haberá detrás. Parabéns a Javier e a todo o seu equipo.

  • [...] e a ambas lles naceu recentemente un gromo en forma de blog. Da súa existencia decátome lendo Capítulo 0 e minutos máis tarde atopo o seu rastro nas estatísticas de Colineta. [...]

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.