Somos uns xuvenís

Así dicía o meu amigo Fran cando se refería a que eramos uns novatos pouco experimentados. Non sei se tedes visto as reseñas audiovisuais de François Simon, o crítico gastronómico máis poderoso de Francia, e un ávido explorador das mesas parisinas. O señor pon unha cámara que vai gravando todo o que pasa polo plato. Non poucos pensaron que François Simon inspirara o temíbel crítico Mr. Ego de Ratatoulle! No vídeo final, no que lle dá caña ao restaurante Eric Fréchon, o novo tres estrelas de París, a súa voz en off vai detallando, case como en susurros, o que se vai atopando no plato (imaxino o pavor da cociña cando ve pousar unha camariña de vídeo na mesa). Pero onde máis dá medo a cousa son neses detalles que é case imposíbel atopar nunha crítica de por aquí e que podedes ir vendo segundo avanza o vídeo: detalla os minutos que se agardan por un plato, a temperatura ambiente do local, ou o nivel de decibelios (69db, ou sexa, “civilizado” (!!!). Gústame a sobriedade despiadada de Simon, pero non sería capaz de racionalizar tanto unha experiencia gastronómica. Podería enganarme con datos exactos, pero sabería que estaría mentindo.

8 Comments

  1. Juan Castro
    21 / Marzo/ 2009

    Non entendo nada de gastronomía, pero as críticas deste home en ‘Le Figaro’ (acertadas ou non, iso ti poderás dicilo mellor) son divertidísimas e a comparación con Anton Ego é inevitable. Vale que ten unha prosa esaxerada e grandilocuente, pero para os profanos envidiosos que nunca iremos ós restaurantes que comenta, resulta unha delicia :P

    Por certo, ¿que opinión ten da nova cociña española?

  2. 21 / Marzo/ 2009

    Pois non teño nin idea. Unha boa cuestión por saber.

  3. 21 / Marzo/ 2009

    Coido que non a trata. François Simón é 100% parisino.

    En calqueira caso podemos facernos unha idea do que pensaría pola caña que lle mete a todas as vacas sagradas da nouvelle cuisine francesa.

    … espera …

    Nun libro que lin de el, fala dunha viaxe que fixo en coche a España. Bueno, non fala case nada da cociña española se non que comenta que tiña ganas de chegar a París a comer un bisté con patatas.
    (Alguén se preguntará para que ten que ir un a París a tomar bisté con patacas, que o poñen en todos lados de España, pero é que en España o punto da carne non lle gusta nada ós franceses, que tampouco gustan da tenreira)

  4. 21 / Marzo/ 2009

    Me parece terrible.

  5. R.
    22 / Marzo/ 2009

    As palabras de François son un excelente retrato da Francia despiadadamente “altiva e refinada”.
    “El olfato extenuado en las proximidades de una colonia de delicias”:
    “L´odorat surmené à proximité d´une colonie de délices”.
    R. Char

  6. PabloV
    23 / Marzo/ 2009

    caralludo o video! dinámico, gostei dos datos “mesurables” saíndo nas pausas da crítica, irónico, mordaz, curto…

    Creo que escolliches un bo espello no que mirarse para medrar, que tal incluir no código cociña eses datos como tempos de espera, etc?

  7. 28 / Marzo/ 2009

    Mmmm! Así que tamén se mide o nivel de ruído… non son ningún experto crítico gastronómico, mais iso quere dicir que en Galiza nunca teremos un restaurante de primeira categoría XD

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará