Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Toñi Vicente, ¿cociñeira do cámping de Coroso, en Ribeira?

19 / March/ 2009 11 comentarios

A noticia aparece publicada na edición Barbanza de La Voz de Galicia. Segundo ela, os propietarios do cámping de Coroso están negociando con Toñi Vicente para que se faga cargo do restaurante do cámping, que podería abrir en Semana Santa.

11 comentarios »

  • joseluis says:

    Me parece increible las vueltas que da vida, no digo que tenga nada de malo llevar el restaurante de un Camping. Estoy seguro que es un trabajo muy digno y seguro que las personas que lo hacen son magnificas pero que una cocinera tan premiada acabe sus dias (profesionales) en un camping me parece increible

  • magago says:

    Sen dúbida, joseluis, é algo que parece duro. Hai que dicir que supoño que os propietarios do camping, polo que se le, buscan darlle unha presenza algo máis consistente ao restaurante, tamén para clientes de fóra das instalacións. Pero faise difícil de comprender.

  • Rosa Dominguez says:

    Realmente o que pasa e que non e un camping calquera, o restaurante esta situado nunha antiga salazón moi ben conservada . Unha terraza espectacular sobre a praia. Realmente e fantastico e especial ¡¡¡¡ non desmereze nada. Eu vou con frecuencia alí. E hai que ir para velo e opinar.

  • magago says:

    Si, Rosa, como menciono no comentario, tamén é para clientes externos. Sen embargo, a noticia segue a ser igualmente impactante (do centro de Santiago de Compostela a Ribeira -iso non desmerece a Ribeira, digo que a retira de determinado circuito-, de ser propietaria a ser asalariada ou socia minoritaria, etc.).

  • Rosa Dominguez says:

    Sigo pensando que a noticia pode ser impactante como ben dis pero non ten que supoñer menos categoria profesional por estar nun camping. Non entendo por que o considerades algo inferior…. si fora nun hotel non fariades ese comentario. A verdad e que non entendo como podedes facer ese plantexamento..
    Por outra banda comentar que Le Courbusier diseñou unha mini vivenda pra el que se chamaba le cabanon adosada a un camping donde el comía a diario … Evidentemente o restaurante do camping era moi bo e chamabase L Etoile du mer.
    Pareceme que Toñi debe de facer seu traballo con todo noso respeto e consideración e ademais non facer caso de comentarios de este tipo. Eu, particularmente e que non a coñezo de nada deseolle todo o mellor¡¡¡

  • [...] lo había adelantado Capítulo 0 y hoy lo confirma El Correo Gallego: Toñi Vicente abre restaurante en el camping de Coroso, en la [...]

  • Joaquin Santos says:

    Estou dacordo en que non é un camping ou un restaurante calquera, é unha antigua fábrica de salazón do século XVIII cunha terraza sobre o mar. O camping e as suas instalacións son en si un balcón sobre o mar. Polo camping pasan persoas de diversa condición, como polos hoteis, casa rurais,…se polo feito de permanecer nun camping desmerece o que se relacione con él,…non sei como interpretalo,…quizais como algunha fobia ou complexo persoal…

  • magago says:

    Joaquín, podes intepretalo como o que pon exactamente no texto, que adoita ser o xeito máis fácil de entender as cousas. Un camping non desmerece a ninguén, só faltaría, e eu en ningún momento o digo. Así que de fobia ou complexo persoal nada de nada. Non sei se pola túa parte.

    Pero tampouco te chames a engano: cóntame cantos cociñeiros da traxectoria histórica de Toñi Vicente e con estrela Michelín traballan en restaurantes de cámping e por conta allea en toda a Península. Eu creo que non atopas ningún. Ao mellor é a eles a quen lles tes que preguntar por que non van traballar en restaurantes vinculados a un cámping e para terceiros, non a min.

    Eu nisto só din conta da información que apareceu en La Voz.

  • Joaquin says:

    Interpreto que estas desinformado, non creo que traballe por conta allea. Pode que o restaurante este ó lado do camping, e que non sexa o restaurante do camping, que o camping teña un bar ou restaurante privativo dos campistas e que o local en cuestión esté aberto para tòdolos públicos, sexan ben campistas ou ben clientes que esten na praia. Descoñezo cantos cociñeiros por conta allea e de mérito traballan en campings, pero non te chames a engano, ó mellor , dos campings xurdiu mais de un, querido. Na Voz se comenta que o Camping Coroso negocia a explotación ou aluguer do local de restaurante, non se negocia para que traballe por conta allea ou contratada.

  • LAURA says:

    Eu estiven este fin de semana comendo nese restaurante e non lle envexa nada a ningún restaurante situado no centro de ningunha cidade. É moi acolledor, ten unha orixinal parra interior e a decoración está tamén moi ben. Por outra parte ten unha terraza impresionante cunhas fermosísimas vistas a toda a Praia de Coroso con Ribeira ao fondo.
    Sen dúbidas o lugar merece ser visitado, con independencia de quen sexa o cociñeiro, pero si é Toñi Vicente, mellor que mellor.

  • Rosa Dominguez says:

    Sigo expoñendo que o restaurante e o paisaxe e espectacular¡.
    Realmente non entendo moi ben o problema de Magago cos campings, e mais con este situado en Palmeira . En vez de festexalo, fai crítica non moi constructiva¡¡¡
    A pesares de que expón que os campings non os ten a menos eu o dudo xa que si non non hubera plantexado este tema de esta forma.
    Bueno pareceme que voy a decidir celebrar meu 38 aniversario este outono. Voy a falar con Toñi para ter a festa en Coroso. Por suposto Magago invitado pero ten que vir de traxe e gravata¡¡¡¡

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.