Puntos de vista

5 Comments

  1. 11 / Marzo/ 2009

    Moi bo o chiste!
    Pero pouco a pouco van convivindo os dous medios, e pódese ser marciano e dinosaurio ao mesmo tempo. O entendemento e a fusión vén sendo o camiño, non?

  2. 11 / Marzo/ 2009

    Sen dúbida, María. Os procesos de converxencia estanse acelerando e as redaccións estanse a integrar con rapidez, nun proceso xa iniciado antes do inicio popular da crise. Agora ben, esta visión segue a existir. Hai pouco estiven cunha boa grea de dinosauros que me estaban a ver, educadamente, como un friki.

    Pero a iso, antes, chamábaselle “barreira xeneracional”. :-)

  3. 11 / Marzo/ 2009

    No ensino sucede algo similar, e a viñeta valería perfectamente para amosar o panorama facendo un pequeno troco no texto de cabeceira. Incluso creo que o proceso de converxencia éche bastante máis lento que no xornalismo. Aínda hai moitos dinosaurios e poucos marcianos. Todo se andará.

  4. 12 / Marzo/ 2009

    boisimo, jmv é tremendo,leiches Book? recomendocho. saúdos e apertas

  5. Juan Castro
    12 / Marzo/ 2009

    Durante o meu paso por unha redacción mixta (con medios analóxicos e outros dixitais), escoitei unha frase que resumía ben a situación. Respecto a un compañeiro “recolocado” (por usar unha palabra amable) en canto a funcións e estatus, dixeron “imaxínate se lle fixeron o vacío, que o colocaron nunha esquina xunto ós do xornal dixital”… :)

    Do cal deducín a seguinte Lei: “Nunha redacción mixta, o grao de popularidade e aceptación na tribu dun xornalista é inversamente proporcional á cercanía da súa mesa a dos redactores dixitais (tamén coñecidos como ‘frikis’ ou ‘margis’).”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *