





Fotos: Sole
A primeira vez que visitei Girona encantoume. Teño unha debilidade especial polas cidades vellas mediterráneas e os seus pazos burgueses da época gótica, con patios cheos de prantas que aproveitan a pouca humidade e a moita sombra. De aquela, fora unha visita rápida, inmediata. Desta volta, tampouco puidemos andar todo o que eu quixera. Teño a percepción que, tras a muralla carolinxia, hai todo un mundo de encanto que me estou a perder. Vai ter que ser doutra, porque vese que cinco días na mesma cidade non nos dan o tempo. É igual. Eu namórome destas pequenas ruelas xudeas, dos corredores e dos arcos, dos colmados con botellas antigas e dos bistrós.

Preciosas fotos!!!