Last updated on 26 / Febreiro/ 2009

Subscritores do Código Cociña no Fórum de Girona. Foto: Samuel Navarrete, Ferran Castrillo i Fòrum Gastronòmic (Preme aquí para ampliala)
Cando hai un ano presentamos publicamente o Código Cociña, non nos podiamos imaxinar o éxito internacional que este ía ter. Un Código global, que reúne a xentes moi diferentes, con diferentes linguas, culturas e intereses, ao redor da filosofía da transparencia na gastronomía e que xa ten máis de 240 blogs subscritores de Europa e América. Como Código Global, a nosa escumadeira aparece en todas partes, e en Girona non podía ser menos. Ao rematar o Encontro, os blogueiros subscritores do Código que estaban na sala xuntámonos para retratarnos e comprometernos publicamente co Código.
E o Código Cociña é un pouco o que vedes na foto. Xentes de xeracións moi diferentes entre si, de procedencias e oficios ben distintos no mundo analóxico, que no dixital se entenden e se vinculan con total liberdade ao redor dunha idea común. Ver unha segunda foto do Código Cociña, a 1200 quilómetros de onde naceu, con tanta xente aí diante da cámara, emocionoume moito, moito. O mesmo que coñecer a tantos blogueiros gastronómicos cataláns, cear e ir pechando locais de Girona con xente tan estupenda como Josep Ángel, Sara, Mar, Joan, Àngels ou Roberto e Sole. Pero tamén moitos outros: Philippe, Silvia coa súa fermosa e pequeniña Dària, e tantos outros…! Grazas a todos e todas!

Por mi parte también fué muy bueno poder conoceros y poder compartir una cena con una buena conversación con vosotros. Lástima tener que marchar antes para volver a Barcelona!!