Voando a lombos de falcóns: o documental

18 / February/ 2009

in Diario

¡E xa está! A xente de AXENA avisou hoxe de que xa se podía ver o documental Volando a lomos de halcones do que xa temos falado por aquí. O documental, de 13 minutos, pódese ver desde a plataforma Qualid de Nokia, xa que foi a multinacional finlandesa quen patrocinou, baixo a fórmula do mecenado, a realización deste documental dirixido por Xurxo Gago (o meu irmán). Volando a lomos de halcones amosa o proceso de invención dunha cámara especial que permite gravar o voo dun ave rapaz mesmo nas peores condicións, desde o propio punto de vista do animal, ubicada no seu lombo. Os falcóns poden acadar velocidades de máis de 300 quilómetros por hora, e o equipo multidisciplinar de AXENA (enxeñeiros de telecomunicacións, biólogos, cetreiros…) deseñou unha cámara de a penas 60 gramos de peso para poder resistir nesas duras condicións de voo. A diferencia con experiencias de filmación subxectiva de aves previas (esa famosa da BBC) é que transmitían o sinal por radiofrecuencia. No caso de AXENA, a filmación grávase nunha tarxeta. Permite salvar bosques, montañas, levarnos coa cámara a lugares insospeitados.

O resultado foi espectacular e satisfactorio: vemos a Serra do Barbanza e o monte da Curota directamente desde os ollos do falcón, planeando, caendo en picado, cazando! Hai momentos alucinantes, especialmente a partir do minuto 09:30, onde o falcón comeza a voar coa microcámara. Paga a pena botarlle unha ollada. E parabéns ao equipo de Axena e a Falcóns de Galicia, executores do proxecto, a Iago, a Fran, a J, a Rubén, a Alfonso…e aos meus pais por ter dado toda a loxística alimenticia e hospitalaria para levar a cabo este proxecto. :-)

{ 2 trackbacks }

Voando a lombos de falcóns, no Telexornal Mediodía | Capítulo 0
19 / February/ 2009 o 5:05 pm
Voando a lombos de Falcóns, en La Voz de Galicia | Capítulo 0
8 / March/ 2009 o 10:00 pm

{ 2 comments… read them below or add one }

suso rubio 18 / February/ 2009 at 1:04 pm

impresionante as imaxes da caza e cando planea sobre a ría. Pode supoñer un novo estándar para as cámaras subxectivas na natureza. Parabéns para o equipo.

xurxo 18 / February/ 2009 at 11:25 pm

A verdade é que non sabedes o que disfrutamos cando podemos ver cousas así despois de tanto esforzo! Se vedes a uns elementos cun portatil encima do capó dun coche na serra do Barbanza dando brincos de ledicia… probablemente sexamos nós tras comprobar os resultados! Moitas gracias.

Deixa un comentario

Previous post: Tralas pinturas medievais da inesgotábel Ribeira Sacra

Next post: A Rosca de Millán e o queixo de Pantón: misteriosas maridaxes