Un cocido dezano no Mesón O Cruce para celebrar febreiro


Iván con cara de “a ver por onde comezo”. Fotos: Sole

Comezamos febreiro, o Mes do Cocido, estreándoo no epicentro da matanza da Galicia central. No Mesón O Cruce, de Vilatuxe, en Lalín [986782428 / localización] case todo o produto provén da propia granxa do establecemento, incluído este señor porco ou o requeixo, que se segue a facer aquí artesanalmente. Alí fumos convidados por Hermógenes e Conchita, os pais de Iván, para catar o mellor da súa terra. Uns guipuscoanos dunha mesa do fondo definían este cocido do Mesón O Cruce como unha orrggíaaa gggastronómica, e non lles faltaba razón. Veñan os grelos con torreznos, a cachucha, a tenreira, as costelas, o lacón, os garavanzos con chourizo ceboleiro e de carne, o requeixo da súa casa con mel do monte Testeiro, alí en Zobra, no Candán -impresionante, premiada este ano como mellor mel de Galicia, que xa é moito dicir-, o queixo da casa con marmelo, as cañas, filloas e orellas, o licorcafé espeso…

6 Comments

  1. 2 / Febreiro/ 2009

    Leio isto às 13h51… que deliiiiito ;-))!

  2. Robert
    2 / Febreiro/ 2009

    Mi madre que pintiña. Esas filloas ahhgagagagahhh faiseme auga a boca.
    Sau2

  3. 2 / Febreiro/ 2009

    Realmente un acerto O Cruce, e tamén a compaña, que ademais de Iván e Armando vexo aí a Volusiano. sabes que no Cruce se comen as mellores carnes da zona, terneiros criados nas ladeiras do Candán en lugares tan remotos como O Ameixedo.Unha croca de cine
    Para os que len esto alguna recomendación máis para comer un Cocido en lalín: Currás, Cabanas, Molinera, As Vilas, Agarimo, Casa Pablo (Agoleta), Osita (Zobra)…

  4. 9 / Febreiro/ 2009

    Hoxe , día do cocido en Lalín, non gano para disgustos… mellor será ir a dormir, penso eu.

  5. carlos toural
    27 / Febreiro/ 2011

    Manolo, fun hoxe degustar un cocido ben completo a O Cruce. Madremíadelcielo!!! Jaja brutal.

  6. cristina
    4 / Xuño/ 2012

    madre mía, la tarta de queso más rica que tomé en mi vida, se te saltan las lágrimas al probarla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará