
Onte presentamos Roteiros da Cultura, un novo servizo web de culturagalega.org. Roteiros é unha aplicación web que te permite acceder a viaxes culturais e temáticas polo noso país, consultar un montón de documentación, preparar folletos de viaxes personalizados e descargar ao teu GPS a información para o camiño. Este proxecto foi froito dunha colaboración estreita e intensa entre o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Innovación e Industria e as Fundacións Curros Enríquez, Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e na que contamos co apoio técnico das empresas Sixtema (programación) e Etnoga (contidos). Roteiros parte, precisamente, con tres grandes itinerarios para coñecer ás tres figuras máis relevantes do noso Rexurdimento: Pondal, na Costa da Morte e Coruña, Curros en Celanova, Ourense e tamén na Coruña e Rosalía, entre Compostela, Padrón e Carril.

Captura da páxina de detalle do Roteiro Pondal
Pero Roteiros, é sobre todo, unha plataforma de software e hardware. O seu código fonte, unha vez ultimado, estará dispoñible para a descarga e uso público na Forxa de Mancomún por quen queira. Os seus contidos teñen unha licenza Creative Commons 3.0 e, en breve, as entidades locais (asociacións, concellos, Fundacións, etc.) poderán empregar o potente backend de edición que está por detrás e os nosos servidores para colocar as súas propias propostas de exploración do seu territorio sen menoscabo da súa propia identidade, xa que poderán incrustar os roteiros completos nos seus propios webs. Queremos etiquetar culturalmente Galicia, a través do propio traballo do CCG pero tamén de todo aquel que queira contribuír a axudarnos.
Polo momento, estamos testeando bastante o que é a navegación e a apariencia gráfica do sitio. É o noso primeiro Sistema de Información Xeográfica e aínda queremos aprender bastante do seu uso, así que é posible que nas vindeiras semanas vexas bastantes cambios gráficos.
A noticia en culturagalega.org, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, A Nosa Terra…

Tenche moi boa pinta este proxecto. Achégase bastante a algo que eu quería facer e para o que nunca atopo o tempo. Unha cousa: alomenos no meu PC a carga do mapa de Google coas capas vai bastante lenta…
interesante…moi interesante, magoa que non saiba eu nada de informatica por que é un tema moi interesante….estaría ven facer un roteiro da miña terra antes de que desapareza o pouco que queda por ver.Saúdos e apertas
que boa, heina seguir con atención oh
Brillante proxecto. Parabéns!