Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Os Ecochefs e a Gastrobotánica, no Come e Fala

17 / January/ 2009 Sen comentarios

Esta semana, no Come e Fala da Radio Galega botámoslle un repaso a Madrid Fusión. Aínda que nos encheremos o luns e o martes de velo na tele, desta volta interesoume moito o monográfico EcoChefs que se lle dedica neste macrocongreso culinario. Os Ecochefs (que non son robots de cociña aínda que soen a iso), son un novo fenómeno global deste líquido de burbullas que é a alta gastronomía: trátase de profesionais da cociña extremadamente preocupados pola orixe orgánica e ecolóxica dos produtos cos que traballan.

Os ecochefs teiman en teren as súas propias explotacións agrarias, ou exploraren as propiedades culinarias de pouco coñecidas variedades e plantas do reino vexetal. É a gastrobotánica. Deste xeito, visitamos Aranxuez, onde coñecemos o interesantísimo traballo de Fernando del Cerro, de Casa José, que recupera a Huerta del Picotajo, un espazo agrícola deseñado con traza renacentista no XVI, e os interesantísimos experimentos vexetais de Rodrigo de la Calle. Tamén lembramos o traballo de Oriol Rovira en Sagás, Barcelona, no hoteliño rural Els Casals. Rovira definese como un payés do Século XXI e ten 350 hectáreas de explotación agraria para demostralo, coas que é quen de autoabastecer o restaurante e permitirse un auténtico luxo: ofrecer trufa da casa (en xenerosas racións) aos seus clientes. Non está mal con estes ecochefs.

Todo isto falámolo hoxe á mañá no Come e Fala da Radio Galega. Podes escoitar a emisión deste sábado aquí.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.