Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Toñi Vicente pecha

10 / January/ 2009 Un comentario

Non é a fin do triste episodio, desde logo. O remate será coa sentencia dos tribunais. Toñi Vicente pechou o seu emblemático restaurante compostelano con discreción, como adiantou Colineta.

Quen sabe canto tempo había que o tiña decidido. Esas paredes da sala gardan un bo número de acordos políticos e económicos da historia autonómica deste país, pero nos últimos anos, antes do problema das vieiras, o restaurante xa non funcionaba tan ben como debera e os prezos dos menús estaban moi por riba do resto do resto da oferta compostelana de alta restauración. Ao pechar Toñi Vicente, pérdese unha importante referencia da nosa historia recente e un importante episodio da modernización da gastronomía galega, que esta muller levou adiante ao principio case en solitario. Hai rumores, pero non se sabe publicamente cal será o futuro profesional de Toñi Vicente. Se cadra haxa que esperar ata que os tribunais escriban a final do capítulo.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.