Tíralle partido ás sobremesas do Nadal

Xa chega un pouco tarde, pero rinme ben. É o DWR Champagne Chair Contest, un concurso para demostrar a túa habilidade convertendo os arames, os envoltorios e as cortizas das botellas de champagne ou cava en cadeiras en miniatura de cool design. Nada mellor co que tirarlle partido ás longas sobremesas de Nadal. Aínda estás a tempo a enviar a túa creación (ata o día 9). (vía Tecnoloxia.org)

One Comment

  1. Canabalian
    8 / Xaneiro/ 2009

    Vaia! Nas miñas comidas familiares somos expertos, pero este Nadal tocou deseño de xoias (verídico: pena de non ter testemuños gráficos).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará