Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Libros, Paparotas & Co

Dous bos libros gastronómicos para agasallar

2 / January/ 2009 Sen comentarios


O cociñeiro Anthony Bourdain

Xa estamos case no límite para os agasallos de Reis, pero aquí van dúas recomendacións moi chulas.

Malos tragos, de Anthony Bourdain. Unha compilación acertada de textos breves que o cociñeiro neoiorquino Anthony Bourdain publicou en magazines, xornais, ou en papeis soltos tirados por aí. Quen queira disfrutar do gran lado canalla de Bourdain e da súa prosa áxil, rica e divertida, Malos tragos é unha aposta segura. Anacos biográficos, reflexións, literatura de viaxes, actualidade gastronómica todo aí metido. Diversión lectora en estado puro.

Atlas Mundial de cocina y gastronomía, de Gilles Fumey e Olivier Etcheverria. Profesores de Xeografía en universidades parisina, Fumey e Etcheverría uniron o seu método profesional coa súa paixón gastronómica para crear un atlas, unha achega á gastronomía desde os mapas. Este libro é un iniciador de conversas en potencia. Extensión do uso de cubertos, en que países se come sentado, de pé, de xeonllos e deitado, extensión dos tabús culturais, migración dos cultivos. Toda unha sorte de curiosidades que permiten interpretar o noso pequeno mundo a través do que comemos, das nosas teimas, manías, fobias e querencias. Somos o que comemos. E sobre un mapa sábese perfectamente.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.