Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario

A Divina Proporción no teu sitio web

30 / December/ 2008 Un comentario

É o número aureo, a proporción divina, o número irracional. Un número alxebraico que, desde a Antigüidade clásica, aparece como constante de proporción estética entre elementos en todo tipo de edificios e representacións. O misterioso feito de que as persoas asociemos esas proporcións á beleza orixinou que se crese que, nese número alxebraico había algo sobrenatural, como un arquetipo. De aí o nome. Os gregos chamáronlle Φ (phi). Eis a fórmula para achalo:

A Jarel Remick de Nettuts déuselle por ver que pasaba se aplicaba Φ, o Número Áureo, ao deseño web. Se tivesemos un sitio web con contido á esquerda e unha barra lateral á dereita (como este e moitos blogs), o resultado de aplicar o Número Áureo, que é 1,62, sería o seguinte:

Como vedes, asombrosamente próximo á maior parte dos deseños que coñecemos de sitios web. Será que o Número Áureo está, sobre todo, dentro das nosas cabezas como parte da nosa programación por defecto…

(vía)

Un comentario »

  • dorfun says:

    …o feito de que este sexa un numero alxebrico, ten mais relevancia do que parece a primeira vista… tendo en conta que a outra constante matematica clasica, pi, non o e…

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.