Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » De viños con Wagner, Diario, Paparotas & Co

Tostado de Valdeorras: unha realidade próxima

27 / December/ 2008 2 comentarios


Primeiras probas do Tostado de Valdeorras. Foto: Medio Rural

Ao igual que no Ribeiro xa se está a realizar un viño naturalmente doce, o Tostado do Ribeiro, poderiamos probar un Tostado de Valdeorras en breve. Estas dúas botellas amosan probas, dous viños doces, un a partir de godello e outro da variedade garnacha, creados ao abeiro dun proxecto de investigación da Denominación de Orixe Valdeorras, a Estación Enolóxica de Galicia e a Consellaría de Medio Rural. O obxectivo é diversificar os viños da denominación e crear unha marca de prestixio artellada a través do viño doce. E non é para menos: as uvas pasifícanse e, do mosto potencial, só se aproveita ao final un 20% co que se traballa con sumo coidado. O viño doce achega prestixio a unha terra.

¿Ten futuro un tostado de prezo elevado na denominación? Coa chegada da modernidade, os viños doces perderon no noso país e, en xeral, en todo o Estado, unha boa chea de consumidores. Nos últimos anos, con todo, os viños naturalmente doces están cobrando un interese novo por parte dun público que vai entendendo máis de viños. Aínda así, adoitan ser un luxo para ocasións contadas (o prezo de boa parte deles está entre os 25-30 euros); sen embargo, por copas, a súa oferta é cada vez máis ampla nos restaurantes de gama alta. Galicia non é coñecida polos seus viños naturalmente doces, pero non hai dúbida de que sería unha interesante vía de desenvolvemento no futuro da oferta enolóxica do país se conseguen manter moderados os prezos da botella final: ese pode ser un importante factor diferencial, como fai Telmo Rodríguez co seu MR de Málaga (moscatel de Alejandría) a 15 euros. O do viño doce é un sofisticado subsector do mundo do viño cun crecemento lento pero emerxente e capaz de espertar calidez e recordos nos consumidores.

2 comentarios »

  • An says:

    sempre gosot de leer o que traes por eiqui…o dos petroglifos permíteme facer a visitas que me gustarian sen moverme da casa….da qui a un tempo volvo ter a pel feita unha…esto…moi mal….E apenas saimos, pero a ver se pronto estou mellor e combenzo a miña compañeira para seguir os vosos pasos. Saúdos

  • magago says:

    An, que te mellores! Estes posts non son máis que un sucedáneo ben reducido dunha realidade que hai que disfrutar.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.