Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

¡Sede felices!

24 / December/ 2008 6 comentarios

Somos parte dunha cadea. Se para algo serve o Nadal -mesmo para os que non somos crentes- é para sentírmonos parte dunha rede de vínculos que vai máis aló do DNI, do cartón de crédito, da xornada laboral e das amizades para disfrutar. Somos parte dunha cadea de memoria, de lazos afectivos, de vínculos entre organismos vivos que construímos esencialmente a partir da vontade de non estar sós. Vidas conectadas a través de xeracións. Esas conexións convértennos en persoas. Por iso o Nadal sempre ten un sentimento agridoce: estás con algúns, pero sempre te faltan outros. O Nadal te aproxima aos que están contigo, pero tamén fai evidentes as ausencias, as desaparicións e as distancias.

Quero desexarvos moita sorte, moita felicidade. E quero darlle un agarimo especial a todos aqueles que se sinten sós nestas datas. Xa chegarán outros momentos para encherse e completarse.

Unha aperta, xente.

6 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.