¡Sede felices!

24 Decembro, 2008

Somos parte dunha cadea. Se para algo serve o Nadal -mesmo para os que non somos crentes- é para sentírmonos parte dunha rede de vínculos que vai máis aló do DNI, do cartón de crédito, da xornada laboral e das amizades para disfrutar. Somos parte dunha cadea de memoria, de lazos afectivos, de vínculos entre organismos vivos que construímos esencialmente a partir da vontade de non estar sós. Vidas conectadas a través de xeracións. Esas conexións convértennos en persoas. Por iso o Nadal sempre ten un sentimento agridoce: estás con algúns, pero sempre te faltan outros. O Nadal te aproxima aos que están contigo, pero tamén fai evidentes as ausencias, as desaparicións e as distancias.

Quero desexarvos moita sorte, moita felicidade. E quero darlle un agarimo especial a todos aqueles que se sinten sós nestas datas. Xa chegarán outros momentos para encherse e completarse.

Unha aperta, xente.

{ 6 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 Carlos 24 Decembro 2008 at 10:07 pm

Concordo plenamente co que dis. O peor dos nadais sempre son as fantasmas dos nadais pasados…

Os mesmos desexos para as festas e para o ano novo!

2 an 25 Decembro 2008 at 1:16 pm

Canta razón tes meu, ledas festas

3 Alfred 25 Decembro 2008 at 2:53 pm

Bon Ano Novo….y felicitarte por el trabajo que haces y que me permite saber más de los vinos gallegos con fiabilidad y seguir el estado de ánimo en Galicia

4 Xavier 25 Decembro 2008 at 8:42 pm

Felices Festas e un ventureiro ano 2009!

5 Paco Penas 25 Decembro 2008 at 11:22 pm

Para que imos a pensar algúns se xa hai outros que o fan por ti…jeje
Sempre é un pracer dar unha volta por esta leira, anque isto me faga sentir moitas veces ganas de cruzar o océano nadando.
Saúde, terra e espranza.

6 REFLEXF4 26 Decembro 2008 at 11:47 am

Feliz Nadal

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>