Le 21, dominio do peixe na casa dun corso


Fotos: Sole

Cando lle dixemos a Marcelo Tejedor que iamos visitar París, automaticamente sacou o teléfono do peto e buscou con rapidez un número:

-Tedes que ir a Le 21 de Paul Minchelli.

Le 21 (Rue Mazarine, 21 – 01 46 33 76 90) é un local diminuto en Saint Germain des Prés. Os colgadores da roupa están nas escaleiras, as mesas están apreixadas nun espazo moi reducido -moito para os nosos estándares-, e uns andeis nunha das paredes conteñen produtos gourmand e unha bandeira corsa colgada, delatando a procedencia do chef. A carta, redactada nun xis a man que se vai sentando nunha cadeira de mesa a mesa, detalla a especialidade do local: só peixes e marisco, produtos cos que Minchelli ten unha merecida sona de purista. Ao traernos un primeiro tartar de salmón e vieiras, cuberto cunhas algas frescas, deunos a risa. Efectivamente, era o rollo Marcelo Tejedor total. Sabores delicados, un tratamento case xaponés, monacal, escrupuloso do peixe, lixeireza, simplicidade, virtuosismo técnico. O resto, foi unha confirmación: o meu bacallao ao verde, bacallao fresco con albahaca, e un nage de vieiras -o nage é unha sopa de crustáceos e peixe de orixe xaponesa- espectacular.

Le 21 é un sitio caro, bastante caro. François Simon, o crítico gastronómico máis influínte de París, defíne a factura como cinglante, ou sexa, mordaz. Así é: un menú cunha entrada a compartir, plato principal, postre e viño sae en 90 euros por persoa, que lle chega de coidado mesmo para París. Menos mal que eses pratos mariños que saen da cociña son excelentes, disque do mellor peixe que podes tomar en París.

2 Comments

  1. lui
    23 / Decembro/ 2008

    Muy interesante este último apunte-recomendación de vuestro maravilloso y agitado viaje, como no podía ser menos. Y gracias por ser tan agradable cuando alguien te asalta en un bar (Xabi, por ejemplo). Un saludo.

  2. 23 / Decembro/ 2008

    Grazas, Lui, eu encantado de que me asalten. Javier Marías comparaba en plan negativo, a semana pasada, os blogs coas cafeterías e os bares. A min paréceme unha comparación moi positiva, porque son lugares nos que a xente pode coñecerse sen formalidades.

    Pois iso. Un pracer poñerlle cara á xente que le Capítulo 0. E grazas por estar aí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará