Blogastrónomos «históricos»
Hoxe apareceu nos quioscos o primeiro número de Xornal de Galicia, o novo xornal en papel (e refundado en dixital) que levantou tanta expectación. E, de pedra nos acabamos de quedar uns cantos blogastrónomos cando Makeijan, en Another Cow in the Corn, nos contou isto:
Estaba a ver o caderno de lanzamento onde se atopa un gráfico a dobre páxina denominado Roteiros pola historia de Galicia. Por motivos técnicos non puiden reproducir o gráfico, pero si o fragmento que nos chamou a atención: o relacionado coa gastronomía.

Alí salientanse fitos coma aparición de distintas D.O., publicacións de Julio Camba e Álvaro Cunqueiro, o nacemento da Grupo Nove, a apertura do primeiro restaurante de Toñi Vicente, a Cristina Alcalá, e ao final datados coma S. XXI, aparecen…

Aquí figuran como blogogastrónomos, pero nós usamos máis habitualmente blogastrónomos, pero nos acabamos de quedar alucinados. Un gran agradecemento aos elaboradores do gráfico (David Lombao e Ángela Costas), xa que é unha honra aparecer no primeiro número dun xornal. Prometo continuar blogastronomeando, cando menos, ata que apareza outro ítem novo, por diante, noutra liña infográfica sobre a gastronomía galega.
As capturas de imaxe son de Makeijan. O caderno completo pode verse aquí.















