A noite xeada de Montmartre

4 Decembro, 2008


Fotos: Sole

Estamos nun lúgubre (pero baratísimo) hotel aos pés mesmos do Sacré Coeur, o santuario que preside as escasas alturas de París. Aquí, moi ao carón, está o Moulin Rouge, Pigalle co seu teatro e un boulevard enteiro dedicado ao sexo e os seus gadgets (con supermercados con carriño incluído). Dimos un pequeno paseo por este emblemático barrio de París. Si, os artistas están máis repartidos agora pola cidade, pero aínda é posíbel atopar acochos quentiños para cear, músicos tocando abeirados nas marquesinas do bus e pianistas de bar. Aquí vai un pequeno vídeo con dúas historias curiosas de Montmartre.


Paseo por Montmartre from manuel gago on Vimeo.

{ 2 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 an 4 Decembro 2008 at 12:31 pm

vexo que estadess sacandollee probeeito a vosa visita aa Paris, alédome por elo. saúdos e apertas

2 Jose Luis Louzán 4 Decembro 2008 at 6:37 pm

Unha das zonas que menos me gusta de Paris, ainda que é certo que ten o seu encanto… ¿que tal no Louvre? ¿ou ainda non tocou?

Seguireivos haber que facedes na miña cidade preferida do ancho mundo mundial jeje

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>