Banqueando, un blog para coñecer e analizar as ofertas bancarias

Ando estes días cun monte de chollo que me impide ver máis alá do meu propio e disparado estrés, con pouco tempo para actualizar o blog e contar algunhas historias chulas que están pendentes. Pero non quería matar o que queda de día sen reseñar un proxecto que me encantou: Banqueando. Banqueando é un proxecto promovido por un antigo alumno meu, Rubén Bastón, que xa levaba tempo cismando en facer un blog especializado en temas económicos e dándolle voltas a tecnoloxías, formatos, etc. Banqueando vai do seu propio nome: analiza e disecciona as ofertas e produtos que ofrecen as entidades bancarias. Falamos de préstamos, hipotecas, depósitos, explicándoas para a xente normal, e nace integrado dentro da axencia de medios interactivos Elogia Media. Nun contexto coma o actual a oportunidade dun blog de análise de produtos económicos paréceme moi alta.

Ademáis, gústame que en Galicia nazan blogs de nicho alén do mundo cultural, nacidos cun coidado concepto editorial a nivel gráfico, textos e tematización, cos que poidamos aprender de moitos temas. Así que, nada, Rubén, moita sorte con Banqueando e bo futuro!

One Comment

  1. 27 / Novembro/ 2008

    moitísimas gracias, gago! ben sabes que teño en moita estima as túas opinións. a ver que tal vai todo no Ficod, :D. xa che contarei se vexo algo interesante. no mesmo obradoiro có meu hai un par de proxectos culinarios que teñen boa pinta.
    saúdos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará