Pepe Vieira obtén unha estrela Michelín e Toñi Vicente e o Playa Club perden a súa na nova edición da Guía

19 / November/ 2008

in Paparotas & Co

Segundo publica Observación Gastronómica, o blog de Philippe Regol -un profesional da cociña con moi boas fontes-, o restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, de Poio, gañaría unha estrela Michelín na Guía Michelín 2009. A guía chegará ás librarías mañán, pero foi presentada onte pola noite a xornalistas, así que nestes momentos a información xa circula -de xeito non oficial- como a escuma por todas partes. Ademáis, o restaurante Toñi Vicente, en Santiago e o Playa Club da Coruña perderían a súa estrela. Reproduzo a lista de Regol de gañadores e perdedores de estrelas a nivel español. Veremos se se confirma e ao longo de hoxe e mañán examinaremos os resultados (hoxe todo serán filtracións, que sempre hai que manexar con coidado e mañá xa serán datos oficiais). Esta é a lista de Regol (fixen algo de edición ortográfica):

DOS ESTRELLAS para SERGI AROLA GASTRO.

GANAN 1 ESTRELLA

MANAIRÓ. Barcelona.
CINQ SENTITS. Barcelona
ELS TINARS.(Marc Gascón) Llagostera
L’ALIANÇA. Anglés
L’ANGLE.(Jordi Cruz). Sant Fruitós de Bages.
VALDEPALACIOS Hotel Gourmand.(Santi Santamaría) Oropesa
ABANTAL.Sevilla
BAL D’ONSERA. Zaragoza
RIFF (Bernd Knöller)Valencia
VERTICAL. Valencia
EL NUEVO MOLINO.Puente Arce
BOROA. Amorebieta
SKINA. Marbella
ALBOROQUE.(Andrés Madrigal). Madrid
PEPE VIEIRA.(Hermanos Cannas). Poio, Pontevedra.
Coure (Barcelona) y Alejandro (Roquetas) siguen nominados para la estrella.

La Broche pierde las 2 estrellas.

PIERDEN 1 ESTRELLA

Zuberoa (le queda una).
Caelis (aunque lleve un año en obras ha permanecido en la guía durante todo este periodo).
L’Alezna (el proyecto de Pedro Martino en Oviedo no se a podido llevar a cabo y ha retornado a su antiguo restaurante de Caces. Era tarde para devolverle su estrella. Tendrá que esperar el próximo año para recuperarla).
Mesón de Doña Filo
Fagollaga
Cuina de Can Pipes (por cierre)
Playa Club
L’Esguard (por cierre, tal vez Miquel Sanchez Romera se instale en Nueva York).
Toñi Vicente (las vieiras han pasado factura…)
Hostal de Sant Salvador.(Joan Borrás ha devuelto su estrella hace un par de meses a la Guía)

{ 6 comments… read them below or add one }

arume dos piñeiros 19 / November/ 2008 at 12:51 pm

Non sabía que o Playa Club tivera estrela. Comín alí e non me pareceu nada do outro mundo. Nin deste.

serafín alonso 19 / November/ 2008 at 4:50 pm

Mimadriña. Que a vieira de Pepe lle gañe a partida a Toñi, con todo o que choveu ultimamente é bastante gracioso. Vermos o que dan de sí as editoriais dos días vindeiros. A última vez que comín en Pepe Vieira, (por certo, que é de Poio -concretamente de Raxó, non de Sanxenxo) foi ALUCINANTE.

Melvin 19 / November/ 2008 at 5:29 pm

Un apunte, Manuel:

¿Skina ya tenía una estrella, no? ¿Sube de 1 a 2?

Sobre La Broche, supongo que era de esperar…

Un saludo

magago 19 / November/ 2008 at 6:18 pm

Grazas, Serafín, coas presas marcara a ubicación anterior. Publico aquí unha ligazón á miña experiencia, absolutamente xenial, no Pepe Vieira Camiño da Serpe (o que está no alto do monte). Estiven alí dúas veces e, sen dúbida, é un dos grandes restaurantes no Estado:
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/05/26/restaurante-pepe-vieira-camino-da-serpe-emocions-ao-borde-do-camino/

magago 19 / November/ 2008 at 6:19 pm

Melvin, esta es la primera estrella del Skina.

Anonymous 20 / November/ 2008 at 1:02 pm

Extráñame que o Playa Club perda a estrela , a súa calidade segue intacta. Ten un punto nos peixes que poucos sitios igualan e unhas guarnicións estupendas. E non é tan excesivamente caro coma outros.

Deixa un comentario

Previous post: Fondos fotográficos de Life, agora en Google

Next post: A libraría infinita de Job Koelewijn