Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Hendrick’s, unha xenebra con elegantes infusións

19 / November/ 2008 9 comentarios

Segundo indica o seu divertido sitio oficial, a xenebra escocesa Hendrick’s é “preferida por 1 de cada 1000 bebedores de xenebra” (sic). A empresa puntualiza que está encantada, porque a Hendricks se fai de xeito artesanal, nun curioso alambique restaurado do século XIX de funcionamento peculiar e a súa técnica de marketing baséase na rareza do produto e dos seus propios entusiastas bebedores (?).

Coa xenebra pasa como coa cervexa: podes non ter practicamente nin idea aínda que che guste (o meu caso), ou podes ser un auténtico erudito da materia, non hai termo medio. Eu non entendo un pemento de xenebras pero esta é, con diferencia, a mellor que teño probado, moi por riba doutras de calidade como a Citadelle. Creo que a clave está nas infusións botánicas que lle botan ao alambique durante a destilación. Unha moi sutil de rosas e outra, máis perceptíbel, de pepino. Unha auténtica gozada, moi diferente a outras e ideal para amantes dos sabores elegantes. Se te vas facer un GT de Hendrick’s, un consello. Mellor non lle botes limón, ou non te pases con el, porque provocas que desapareza o aquel tan especial que lle dan as infusións. Pasoume o outro día, que asasinei sen piedade un par de GTs. Pola contra, un pouquiño de pepino pode prestarlle de marabilla.

A Hendrick’s vale sobre os 27 euros. En Santiago eu merqueina en Valladares (República do Salvador, 14).

9 comentarios »

  • Milu says:

    Si señor, mi favorita!! Como solemos decir cuando nos juntamos el alguna casa amable: Quien compra la “Jimi Hendrick’s??

    Ahora bien, para mi gusto, Citadelle le va a la zaga.

    Un saludo desde Vigo.
    Milu.

  • estrelas says:

    Hahaha…xusto hoxe viña lendo unha historia similar nun libro que se chama “Chasing Cool”… que conta como un vozka chamada Grey Goose a constrúe un tipo sobre o valor do premium, sobre 5 destilacións e sobre unha construcción de identidad dende o “Frances” (¿¿??). Ao final do conto Bacardi US merca esta enseña e posicionaa como Premium… en fin,

  • suso rubio says:

    a verdade é que esta marca se está poñendo de moda entre os bebedores de Gin como a máis selecta, e vese que o seu consumo está medrando pese a seu prezo, e mesmo en supers cada vez é máis frecuente a súa presenza. Pepino, si pero coidado co exceso (non?)
    Por certo tamén esta (creo que francesa) ten un sabor excepcional polo que me contaron, ademais ten un sitio ben chulo:
    http://www.g-vine.com/ginacular.html

  • Moraiminha says:

    Certo, a g-vine é espectacular. Pero o prezo é tamén bastante máis elevado…

  • makeijan says:

    O certo é que a xenebra é un destilado que está en auxe últimamente. Nos entramos pola Citadelle, e coa visita a Solla, Martin Millers, Blackwood, The London Gin (un nome ben pretencioso), e a g-vine que comenta Moraiminha… todo un abano de grandes exemplos.

    A miña irmá trouxome unha da súa estancia en Newcastle que pode que non pase desta fin de semana sen abrir…

  • magago says:

    Esfectivamente, Suso, mellor pepino que limón pero sen pasarse. A clave desta xenebra está en non matarlle a sutileza.

    Queda fichada esa g-vine.

  • Acaba de llegar a España la supuesta reina de las ginebras “in the world” titulo que no se auto-colocan sus creadores sino alguno de sus mas aferrimos…
    Se llama el ivento Junipero y es Californiana. Es lo que se, no la he probado y supongo que no lo hare hasta la proxima semana aun… ya veremos

  • magago says:

    Pois xa contarás a ver que tal. Vese que hai moito movemento neste mundo no último ano, non teño moi claro a que se deberá.

  • Arrobar says:

    Gran Xenebra, por certo en Santiago encontreina a 22,50 € nunha das pequenas tendas antigas que hai na caldereria… que comparando ós 38 € que costa no Corte Inglés non está nada mal…

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.