Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Safari de Lepiotas

15 / November/ 2008 6 comentarios

Velaquí un método práctico de localización de lepiotas nos verdes prados do interior do país -e, ademáis das risas que te botas, é ben efectivo. Por certo, o edificio que se ve detrás do coche, cando para, é o Pazo da Mota, na Estrada, unha fermosa casa solariega.

6 comentarios »

  • Rapaz, o safari de leipotas e champiñóns levamos vinte anos practicándoo no Valadouro polas pistas de concentración parcelaria da parroquia de Santa Cruz, onde se concentran tamén estes cogomelos. Ás veces ao baixar por unha lepiota temos atopado tamén sendeiriñas, pero csmpre poucas.
    Agora ben, a vez en que a cousa chegou a extremos insospeitados foi hai uns quince anos preto de Cabo Vilán. Metímonos nunha pista acabada de abrir, tanto que na zahorra non se notaba ningunha marca de neumático, e de súpeto na beiriña da pista apareceu un grupo de coprinus que collimos sen levantar o cu do asento. Resultou complicadísimo, pero moi divertido.

  • An says:

    Coma sempre unha fermosa lección de como facer para non pasar o tempo diante da tv e desfrutar da vida :) Saúdos e apertas meu

  • Cubeliños (Riveira) says:

    Este tipo de safaris xa se levan practicando as tardes do sábado, ou mañáns de domingo na miña familia.
    Agora ben , o tema dos prismáticos (deses que che traían do extranxeiro si tiñas algún parente navegando) xa é de nota.
    Dende que te descubrín, non deixo de visitar o teu blog. Parabéns e unha aperta dende Cubeliños – Riveira, onde apañei a semán pasada, por este mesmo método unha ducia de “macrolepita procera”, cando me acerquei a recoller aos meus fillos ao cole Bayón.
    Aburiño.

  • magago says:

    Vese que a técnica está máis estendida do que eu pensaba. Hoxe recuncamos nun enorme prado do Corgo; había tantas que eu creo que non collimos nin a décima parte.

    Grazas por pasar por aquí, Cubeliños.

  • CUBELIÑOS says:

    ! Se o Corgo é en Corrubedo, coincidimos esta mañán no mesmo caladoiro!

    Un saúdo, meu novo amigo.

  • magago says:

    Non, foi no Corgo lugués. :-)

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.