Google como detector sísmico

Google ás veces actúa como un detector sísmico, que preludia terremotos, crises, catástrofes e epidemias informativas. É o famoso Zeitgeist, o índice de buscas máis populares que permite detectar estados de ánimos globais. Sen embargo, o Zeitgeist, visto desde arriba, en plan números masivos, ofrece datos pobres de vez. Pero hai un mecanismo moi útil en blogs e sitios web pequenos que permite detectar ou percibir cousas antes de que se produzan.
Cando un sitio web está especializado nunha temática, é doado que a xente chegue a ti vía Google (menos cando escribes en galego, claro). Unha frecuencia sostida e repentina de buscas vinculadas a un tema moi concreto revela un interés que ás veces anticipa algo que despois se fai público (a min pasoume mesmo con algún nomeamento da Xunta bipartita). Puidose ver no caso das vieiras, por exemplo: a través das estatísticas de entradas de Google, advertíase que, durante a incertidumbre na que non se sabía a identidade de moitos dos detidos, determinados restaurantes buscábanse reiteradamente. Outra cousa é que esas sospeitas duns usuarios non se corresponderon despois cos procesados e detidos na operación. Quero dicir: pode apuntar indicios ou sinalarte direccións, pero obviamente, non verdades. As verdades están noutra parte.
Agora, a través das estatísticas, estamos vendo os primeiros tremores do vindeiro terremoto no ámbito da gastronomía. As estrelas Michelín. Desde onte á tarde, as buscas relacionadas coa mítica guía vermella e as súas puntuacións xa son frecuentes e ávidas en Capítulo 0 e sospeito que tamén noutros blogs con temáticas gastronómicas. Este é o mes no que se desvela a nova edición da guía.
A variña do detector sísmico xa comeza a tremer con forza.












Quizás te sorprendería saber que el hecho de que escribes en gallego no quiere decir que no tienes lectores de habla inglesa que te han encontrado al buscar algo con Google (¡ya hace años!). Bueno, lectores no sé, pero ¡tienes al menos una!
Es fascinante pero un poco evidente ya, lo de las estadísticas de Google. Me acuerdo de alguna gente que hablaba de cosas de ese tipo cuando lanzaron gmail, citando las estadísticas colectivas como punto negativo porque tiene un poder predictivo tan fuerte como el espionaje directo. Me encanta verlo presentado aquí como algo funcional, interesante, y más positivo.
Pues muchas gracias por pasar por aquí, Rebecca! Me hace mucha ilusión.
Si, yo creo que cualquiera que tenga unha página web o un blog especializado, si se fija, puede observar el fenómeno, y es muy curioso.
[...] uns días Manuel Gago, desde un post de Capítulo 0, comentaba que detectara a través das estatísticas de acceso ao seu blog desde google como, no [...]