
Os barceloneses Facto Delafé
Aínda que moita xente está convencida do contrario, a programación cultural de Compostela está baixo mínimos. E, se por riba, as poucas salas que quedan se contraprograman (pode ser casualidade ou non, dáme igual), aínda peor. Mentres na Capitol tocaba Facto Delafé, na Nasa actuaban The Blows. Así que o respetable -tan pouco respetado-, condenado a escoller. Despois dunha xornada dura, nós optamos polas melodías suaves e íntimas de Facto Delafé. Aí están as súas letras do cotián, cheas de pequenas chiscadelas aos tempos mortos de sofá e aos sabores dos pratos de verán. O concerto arrincou algo amortecido, pero debía ser parte da terapia, ata conseguir poñernos a todos en órbita con esas letras de cristal, moita ironía e desenfado, con mención ás vieiras atómicas incluída. Delafé di desde o escenario:
-Pechade os ollos e aproveitade para sorrir mentres non vos vexan!
Un bo concerto para alegrar un día demasiado intenso. En Compostela, hai unha hora, na Sala Capitol, os Facto Delafé soaban así:


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 4 comments… Le abaixo ou engade o teu }
… e por riba na Sala Capitol. Un luxo.
este son o do video da bicicleta?
Si, señor. Mar, el poder del mar. Aquí:
Pois si que son!
encantoume o video xa a primeira vez que o vin, o fresco que é, i o detalle do globo pedaleando … xenial!
Ainda que sigo pensando que son un pouco ñoños
o sonido do concerto parecía un pouco frouxo, non? non me digas que ti tamén cantabas comatododios a letra
Deixa un comentario