A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), organiza en colaboración coa Consellería de Industria as xornadas Novas formas de distribución e consumo audiovisual este xoves 9 e o venres 10 de outubro. Haberá cinco mesas de traballo e debate sobre estas cuestións, estruturadas do seguinte xeito: dixitalización de contidos, as novas canles de distribución, a exhibición dixital e a explotación baixo demanda, os novos formatos para os novos medios e as novas oportunidades de negocio. Aquí pódese consultar o programa completo. A verdade é que ten un grande interese e veñen relatores moi interesantes.
Pola miña banda, participarei na mesa Novos formatos para novos medios que se celebrará o venres, 10 de outubro. Estará moderada por Zaza Ceballos (directora xeral de Zenit) e participaremos Joan Majó (consultor europeo en xestión audiovisual e ex-director da Corporación Catalana de Medios Audiovisuais), José Ramón García (presidente de Blüsens), Jacobo Penide, director xeral de Arantia (Televés), Gilberto Sánchez (director editorial de Virtual Toys, creadores de xogos para Nintendo DS) e máis eu, que me centrarei nas tipoloxías e modalidades das aplicacións de vídeo no web.


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 1 trackback }
{ 0 comments… engade o teu agora }
Deixa un comentario