Knowledge, un vídeo sobre as raíces do conflito palestino

7 Outubro, 2008

Este vídeo, titulado Knowledge (Coñecemento) foi feito por un estudante alemán chamado Alex Rudolph para unha materia chamada Deseño de medios. Tenta propor un formato de televisión que lle dá a asuntos actuais importantes un xeito visualmente máis atractivo. “É especialmente atractivo para xente nova. Un dos meus obxectivos era amosar que a educación e a aprendizaxe tamén poden ter unha apariencia cool. Esta nova fasquía a miudo lembra ao espectador máis un vídeo musical que unha clase de Historia”.

Knowledge ofrece unha explicación de cinco minutos sobre as raíces do conflicto de Oriente Medio. Pedazo traballo de clase.

.

{ 1 trackback }

A dorfunteca
12 Outubro 2008 en 5:49 pm

{ 3 comments… Le abaixo ou engade o teu }

1 ghanito 7 Outubro 2008 at 7:20 pm

Supoño que a nota sería unha matricula de honra…

2 PabloV 7 Outubro 2008 at 7:23 pm

Vaia co traballo de clase, vou ver se son quen de facer que os meus alumnos expliquen así de animadamente o teorema fundamental do cálculo integral

3 magago 7 Outubro 2008 at 10:55 pm

Confirmo. Hai que dicir que o fixo en tres meses e medio, o que é un tempo tremendamente bo!

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>