A Orca Vella de Fisterra: unha brutal lenda da noite dos tempos

5 Outubro, 2008

A muller que nos ensinou con todo detalle o pequeno museo da pesca de Fisterra, localizado no cuartel do Castelo de San Carlos, ao pé do mar, falounos de que a peregrinaxe de verdade era a Fisterra. O de Santiago si, estaba ben, pero que iso chegou despois: o símbolo máis inmemorial do Camiño era a vieira. ¿E onde estaban as vieiras, as mellores vieiras? Aproveitei o lapsus lendario para preguntarlle pola tradición oral da vila.

-¿De onde lles vén a Santa Compaña, da terra ou do mar?
-Ai, nós non temos Santa Compaña.

Moitas veces os habitantes locais non asocian o termo lenda ou conto ás historias fantásticas que lles contaron nos seus avós, non se imaxinan que te poden interesar. Así que tiras balas de fogueo a ver se acertas, porque despois, dese fío, poden saír desbocados multitude de animais fantásticos. Lembrei o Urco, metade porco e metade can, un ser mítico que atemorizaba as noites da viliña mariñeira de Palmeira, que se alimentaba de escuma de mar e traía con el unha arrastrada de cans e os avisos da morte.

-¿E non había o urco?
-Non -dixo a muller, pero puxo un aceno de alivio- Pero o que si había era a Orca Vella.
-¿A Orca Vella?
-Era unha muller moi fea, moi fea, moi fea e moi mala. Durmía alá no alto do monte, por riba da ermida de San Guillerme, no monte do cabo.

A amábel señora non me soubo ou non me quixo dicir máis: desconfío polo contido algo truculento do que vou contar. Ao chegar a casa, consultei en Internet e tiven unha boa sorpresa. O que non sabía eu era que, por primeira vez, a lenda da Orca Vella escribírase no século XVI. Fixérao un cabaleiro de ventura navarro chamado Xulián Íñigo de Medrano, que contou a súa peregrinaxe a Compostela nun curioso libro chamado a Silva Curiosa, publicado en París por Nicolas Chesneau, na rúa de Santiago (vaia), en 1583. O relato ten un nivel de brutalidade pouco coñecido nas lendas tradicionais: a crueldade, o apetito sexual desbocado, o ser dona da súa vida e morte, a capacidade de facerse invisíbel, a súa antigüidade. A Orca Vella é unha narración moi antiga, coma se nos asomaramos a un gran relato épico de tempos prerromanos. ¿Cantos destes pervivirían aínda no século XVI e non foron recollidos? En fin, aí está. Durmindo baixo unha anta do monte de Fisterra.

A lenda da Orca Vella, tal e como lla contou a Xulián de Medrano un pastor do monte de Fisterra en 1583

Cuando dicho peregrino iba caminando hacia la cima del Cabo de Finisterre, con el propósito de conocerun antiguo enterramiento sobre el que había oído contar extrañas leyendas, le salió al paso un pastor para aconsejarle que no continuara subiendo hasta las rocas de la cima: -”Guardaos, guardaos! -Santo Dios, hermano, y a donde ibades a perderos? Non sabedes que dentro de aquellas peñas y cachopos (troncos secos) está fechado o corpo maldito de la encantadora Orcabella, y que nunca jamás home ni muller lo vido que non seja morto antes del año?

El peregrino le pidió al pastor que le contara todo lo que sabía sobre Orcabella.

“Fue” -respondió el pastor- “una mujer bárbara, vieja y fea que llegó a Galicia en tiempo de las guerras con los moros y paganos. Gran encantadora y experta en artes mágicas perseguía cruelmente a todo viviente, con tal de mirarle a los ojos lo exterminaba o con tocarle con su mano. Se hacía invisible cuando quería, robaba y comía cuantos niños se le antojaban. Vivió 176 años. Dejó la mitad del reino despoblado.

Cuando se cansó de vivir se retiró a aquellas peñas, en una de ellas excavó una tumba, y con la ayuda de un pastor que ella tenía preso y encantado, ella levantó una gran lápida para cubrir el sepulcro, y la puso encima de él, emparejada de lado a lado; después ella se despojó, y abrazando al triste pastor en remuneración de los servicios que le había hecho, lo echó y encerró dentro del sepulcro, sin que las fuerzas del pobre fuesen bastantes para defenderse de esta enemiga de natura, la cual, dejando sus vestidos fuera, se metió dentro de esta cama mortal, y sirviéndose de colchón del desventurado pastor, se acostó encima de él, y con un ingenio o gancho de palo que ella tenía, hizo caer sobre la tumba la lápida grande y pesada, y dentro de tres días (como el pastor sepultado dijo) dio el ánima a quien mandada la tenía.

El desventurado pastor daba tan grandes voces y gritos, que los pastores que en desierto estaban, corrieron a donde oyeron las voces, y entrando por el agujero de las peñas, queriéndolo sacar del peligro en que estaba, quedaron muy atajados y espantados porque vieron que el sepulcro estaba todo rodeado y cubierto de culebras y serpientes; y así, volviendo atrás, hablaron un grandísimo rato con el encantado pastor; y después de haber entendido de él la triste historia, le dejaron así encerrado en el sepulcro, donde acabó sus días malogrados el pobre desdichado”.

Tomado do artigo de Fernando Alonso Romero: “Las mouras constructoras de megalitos: Estudio comparativo del folklore gallego con el de otras comunidades europeas” no Anuario Brigantino (pdf)

.

{ 0 comments… engade o teu agora }

Deixa un comentario

Podes usar estes HTML tags e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>