A Cidade de Memoria, un proxecto para xeolocalizar historias urbanas

Pantalla de inicio da Cidade de Memoria
A xente de Local Projects está levando a cabo o proxecto City of Memory. Trátase dunha “mapa en liña comunitario de historias persoais e memorias organizadas sobre o mapa xeográfico físico da cidade de Nova York”. Algunhas das historias, como a de Nuyoricans Poets’ Cafe, están comisariadas polos editores, pero os usuarios poden subir as súas. Trátase de crear un mapa narrativo dunha cidade chea de circunstancias, accións e fervebullante vida humana. E está fantástico.
E si, aquí se podería facer estupendamente algo similar.











