
Gwyneth Paltrow e Mario Batali na Parada das Bestas
Anda que non me acabo de rir ao enterarme de que Gwyneth Paltrow tomou a Parada das Bestas como unha das bases durante a rodaxe do episodio galego da serie Spanish, on the road again. Quen ten pasado por Capítulo 0, ou me ten preguntado por un lugar bonito para pasar a fin de semana, sabe de canto teño falado deste estupendo restaurante e casa de turismo rural de Pidre, en Palas de Rei (web oficial da casa). Vaia cara que se lles tivo que quedar a Suso e María cando viron entrar pola porta a Gwyneth! Parabéns para eles!


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 





{ 1 trackback }
{ 5 comments… Le abaixo ou engade o teu }
A min contoume un colega de Palas que nun primeiro momento fixeron sentar á Paltrow e compañía cos peregrinos, pois pensaron que eran uns guiris calquera, e cando chegou o xefe os fixo cambiar de mesa. ¡Tivo que ser unha risa!
Ups, acabo de caer na conta que a anécdota igual non foi na Parada das Bestas, senón nun restaurante que hai na vila de Palas de Rei. Terei que preguntar a fin de semana, para que me lembren cómo fora o asunto.
Efectivamente, na Parada seguro que non foi a anécdota, porque queda algo lonxe do paso do Camiño.
Pois tamén visitou o Pintos de san Tomé en Cambados, polo que se ve no pequeno video. Un clásico das ostras.
Si, finalmente confirmáronme que a confusión fora na Cabaña.
Deixa un comentario