Pagáns e neopagáns en Adai
8 / Maio/ 2012 – 9:03 p.m. | 42 Comments

Nun bosque próximo a Lugo, levántase un intrigante conxunto de vestixios arqueolóxicos de diferente forma e condición. O sorprendente é que hoxendía levan unha discreta vida cultual.

Le a historia completa »
Home » Deseño & Innovación, Diario

Como converter o Claustro de Fonseca nunha estrutura virtual a base de fotos

13 / Setembro/ 2008 Un comentario


Modelo 3D do Claustro de Fonseca con PhotoSynth

Hai tempo viamos en Capítulo O como Microsoft comezou a desenvolver unha tecnoloxía asombrosa, o PhotoSynth. A partir dunha colección fotográfica dun espazo concreto, este software era capaz de crear un modelo tridimensional dese espazo, ubicar cada unha das fotos nese espazo e permitir a un usuario desprazarse ao redor del. Ou sexa, impresionante. Pois ben, Microsoft xa abriu ao público o PhotoSynth para que calquera poida experimentar con este software en liña.

Faltounos tempo para probalo, e quixemos comezar ao grande, creando un modelo 3D do Claustro de Fonseca da Universidade de Santiago. Sole Felloza creou un paciente clúster de 250 fotos nese espazo e deixamos ao ordenador toda a noite traballando. O resultado é moi interesante: o PhotoSynth comprendeu os arcos, as plantas, os corredores entre os setos e obtivo un modelo dixital moi avanzado da estatua de Alfonso III de Fonseca. Aquí podes velo (precisas instalar a extensión de PhotoSynth). Ao principio é un pouco estraño de manipular, pero perde algo de tempo en exploralo, que paga a pena, e achégate ata a estatua do Arcebispo.

…pero a experiencia de navegación é máis recomendábel a pantalla completa, aquí.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.