O pobo no que nunca pasa nada ten unha gran web


Visita guiada a Miravete de la Sierra

A verdade, cando vin o anuncio na televisión de El pueblo en el que nunca pasa nada, o primeiro que pensei é que que me estarían vendendo. ¿Sería McDonalds, unha axencia en liña de viaxes, unha empresa de hortalizas en lata, algunha corporación necesitada de terruño? Pois non. O web de El Pueblo en el que nunca pasa nada pertence a El pueblo en el que nunca pasa nada, ou sexa, Miravete de la Sierra. Resulta que foi un agasallo da axencia de publicidade Shackelton (os do grandísimo iJam) a esta pequena vila do Maestrazgo con 19 habitantes.

O web é unha pequena marabilla. O veciño Cristóbal Sangüesa, de 86 anos, lévate por unha preciosa visita guiada pola viliña e promociona a recadación de fondos para a restauración da igrexa renacentista ou promociona os establecementos de turismo rural. Unha fermosa campaña publicitaria para alertar sobre a desertización, o envellecemento e a desaparición das pequenas vilas do interior da Península.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará