As sereas de Sizun

Nun libro leramos como o Ankou, a morte bretona, estaba presente en forma de esquelete nas igrexas, ás veces como gárgola, ás veces como base dunha columna, ás veces domeñada por un santo, outras como unha caliveira real encastrada no paramento da igrexa…comidos pola curiosidade, paramos na primeira igrexa que nos deu algo de intuición, Sizun, ao norte de Brest, sen saber que era un dos primeiros enclos, os peches parroquiais, que logo nos atopariamos con toda a súa maxestuosidade. Buscamos ao Ankou, pero o desgraciado non aparecía por ningures. Porén, unha serea de enorme rabo chamoume a atención. Non era a única…


Fotos: Sole

3 Comments

  1. reflexf4
    20 / Agosto/ 2008

    Son moi interesantes,en que viaxes se inspirarian os seus creadores, Ulyses quizais ?

  2. 20 / Agosto/ 2008

    Sizun está relativamente preto do mar. Non me estrañaría que o tema das sereas viñera dese mundo das lendas mariñeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará