As sereas de Sizun

19 / August/ 2008

in Bretaña, Diario, Roteiros

Nun libro leramos como o Ankou, a morte bretona, estaba presente en forma de esquelete nas igrexas, ás veces como gárgola, ás veces como base dunha columna, ás veces domeñada por un santo, outras como unha caliveira real encastrada no paramento da igrexa…comidos pola curiosidade, paramos na primeira igrexa que nos deu algo de intuición, Sizun, ao norte de Brest, sen saber que era un dos primeiros enclos, os peches parroquiais, que logo nos atopariamos con toda a súa maxestuosidade. Buscamos ao Ankou, pero o desgraciado non aparecía por ningures. Porén, unha serea de enorme rabo chamoume a atención. Non era a única…


Fotos: Sole

{ 1 trackback }

Un ano de Capítulo 0 (e xa van cinco) | Capítulo 0
31 / December/ 2008 o 9:21 pm

{ 2 comments… read them below or add one }

reflexf4 20 / August/ 2008 at 11:14 am

Son moi interesantes,en que viaxes se inspirarian os seus creadores, Ulyses quizais ?

magago 20 / August/ 2008 at 2:26 pm

Sizun está relativamente preto do mar. Non me estrañaría que o tema das sereas viñera dese mundo das lendas mariñeiras.

Deixa un comentario

Previous post: A vida dos animais (interpretada polos homes)

Next post: Locronan: viaxe a un século XVI perdido